Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: nVIDIA e Intel únense para desenvolver infraestrutura de IA e novos produtos de computación persoal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

nVIDIA e Intel únense para desenvolver infraestrutura de IA e novos produtos de computación persoal

Redacción
Publicado: 18/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nvidia_intel_0ddda295.jpg.pngnVIDIA e Intel anunciaron unha alianza estratéxica para impulsar o desenvolvemento conxunto de múltiples xeracións de procesadores personalizados destinados a centros de datos e a ordenadores persoais. O acordo combina a experiencia de nVIDIA en intelixencia artificial e computación acelerada co ecosistema x86 e as tecnoloxías de CPU de Intel, empregando como ponte a arquitectura NVLink.
No ámbito dos centros de datos, Intel deseñará CPU x86 personalizadas para nVIDIA, que se integrarán nas súas plataformas de infraestrutura de IA e estarán dispoñibles no mercado. No segmento de consumo, Intel desenvolverá e comercializará SOC x86 que incorporarán chiplets gráficos RTX de nVIDIA, orientados a unha nova xeración de PC que requiren a integración de CPU e GPU de alto rendemento.
O acordo inclúe tamén un investimento financeiro: nVIDIA destinará 5.000 millóns de dólares á compra de accións ordinarias de Intel, a un prezo de 23,28 dólares por título. A operación está pendente das condicións habituais de peche, incluídas as autorizacións reguladoras pertinentes.
As dúas compañías destacan que a colaboración busca sentar as bases da próxima era da computación, ao integrar de maneira estreita a pila de IA de nVIDIA coa tradición do ecosistema x86 de Intel. A combinación permitirá ofrecer solucións máis avanzadas tanto para clientes corporativos como para o mercado de consumo masivo, e supón un importante apoio para Intel nun momento no que a compañía está a experimentar unha crise moi seria ao ter perdido a confianza dos mercados (en boa medida, por non ter adoptado posicións na carreira pola IA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?