Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As lentes de Meta permitirán aplicacións de terceiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As lentes de Meta permitirán aplicacións de terceiros

Redacción
Publicado: 19/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

disney_meta_ray-ban.jpgMeta vén de anunciar o lanzamento da versión preliminar do seu Wearables Device Access Toolkit, unha ferramenta pensada para que desenvolvedores poidan integrar funcionalidades das gafas Ray-Ban Meta nas súas aplicacións móbiles. A iniciativa busca ampliar os usos das gafas intelixentes, que xa se consolidaron como un fenómeno global ao combinar tecnoloxía avanzada cun deseño icónico, e que como principal punto feble teñen a súa dependencia de Meta, eiva que pode solucionarse de contar co apoio de terceiros.
18birdies_photo.jpg A través deste novo kit, os creadores de software poderán acceder a sensores integrados nas gafas, como a cámara e os micrófonos, para deseñar experiencias que aproveiten a perspectiva natural do usuario e a interacción sen mans. A proposta de Meta pretende transformar as aplicacións móbiles en extensións máis intuitivas da vida cotiá, integrando a tecnoloxía directamente no mundo físico.
Durante esta fase de desenvolvemento, os participantes poderán crear prototipos, realizar probas e distribuír versións beta a través da plataforma Wearables Developer Center. A publicación de aplicacións estará limitada inicialmente, co obxectivo de garantir unha evolución responsable da ferramenta e recoller impresións da comunidade técnica.
meta_directos.jpg Aínda que o acceso ás capacidades de intelixencia artificial das gafas (como os comandos por voz) non estará dispoñible nesta primeira etapa, é unha funcionalidade que se contempla para futuras actualizacións. Meta subliña que este lanzamento é só o inicio dun proceso colaborativo no que o feedback dos desenvolvedores será clave para definir o rumbo da plataforma.
Entre os primeiros socios que xa están a experimentar co toolkit destacan empresas como Disney Imagineering, Be My Eyes, 18Birdies, Microsoft ou Twitch, que exploran aplicacións que van desde a accesibilidade ata o entretemento en tempo real.


Algúns exemplos de aplicacións de terceiros para lentes de Meta

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?