Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store xunta en Pontevedra novas empresas con alto potencial de impacto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Pont-Up Store xunta en Pontevedra novas empresas con alto potencial de impacto

Redacción
Publicado: 19/09/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

bea_ciscar_059.jpgEsta mañá deu comezo en Pontevedra unha nova edición do encontro de emprendemento Pont-Up Store, que se prolongará ata mañá cun programa que integra 50 accións empresariais e máis de 20 actividades vinculadas ás tendencias e demandas actuais do ecosistema emprendedor.
No acto inaugural participaron Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor do Campus de Pontevedra da UVigo; Anabel Gulías Torreiro, concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra; David Regades Fernández, delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo; Rafael Domínguez Artime, vicepresidente da Deputación de Pontevedra; Pablo Fernández López, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais; Arturo Ramírez González, presidente do Foro Empresa Pontevedra en representación das empresas patrocinadoras e entidades colaboradoras; e o director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa Dorrego, que afirmou que «non hai emprendementos sen innovación» e que «ano tras anos vemos como moitos deles nacen cunha forte vocación de internacionalización, que ligada á innovación constitúen o binomio cara o éxito» e son síntoma dun «país vivo, emprendedor, innovador e con visión global».
O director explicou tamén que «por primeira vez as candidaturas procedentes do rural e vilas superan as procedentes das grandes cidades sumando o 51 % do total, e increméntanse tamén os proxectos liderados ou coliderados por mulleres, que alcanzan case o 74 %» e engadiu que «hai iniciativas de todos os sectores, cunha importante base tecnolóxica, unha crecente incorporación de IA, moi ligadas o territorio e con fortes valores asentados na igualdade e a sustentabilidade, moitas delas orientadas ao benestar e saúde».
bea_ciscar_100.jpg Ademais das propostas integradas na selección oficial, Figueroa referiuse aos seis proxectos que se presentarán na Demo Day INCUVI, a incubadora de empresas da Universidade de Vigo, así como ás 15 compañías en fase inicial que participarán no stand da Xunta de Galicia. Entre as temáticas do programa destacou a Ciberseguridade, da man de Datadefend Solucións e AEMPE; o emprendemento musical promovido pola Xunta; a consultoría sobre deseño de páxinas web que desenvolverá a Comunidade WordPress Pontevedra; o espazo de Talenom para apoiar a implantación da factura electrónica; e as actividades en favor do cooperativismo como fórmula empresarial igualitaria, sostible e xeradora de emprego de calidade, impulsadas pola Unión de Cooperativas Galegas, Espazo Coop e a Rede Eusumo da Xunta de Galicia, coincidindo co Ano Internacional das Cooperativas declarado pola ONU para este 2025.

O Pont-Up Venture, canle de financiamento directo

bea_ciscar_026.jpgNa súa intervención, Figueroa tamén puxo en valor a innovación dentro do propio evento, cun novo impulso ao Pont-Up Venture. A fórmula en formato talent business, que xa dera bos resultados na edición anterior, medra este ano para acoller oito proxectos que presentarán as súas ideas de negocio na procura de financiamento. Contarán con tres minutos para convencer un xurado integrado por Luis Taboada, CEO da tecnolóxica Qbitia; Olimpia Carabel, directora de investimentos en Faraday Venture Partners; Jorge Leiro, xestor en Torsa Capital e no fondo Lugo Transforma; Carmen Pumariño, xestora do fondo de impacto de Zubi Capital; e Jorge González, analista de novas oportunidades de investimento en Netaccede.
As iniciativas seleccionadas son Agrolistik, definido como o Uber dos tractores; Serenia, asistente virtual galega para o coidado e entretemento de persoas maiores; PROA2 Care, leite con propiedades similares ao materno desenvolvido a partir de dúas razas de vacún; unha ferramenta de xestión para hostalaría con IA e sistema contra reservas pantasma, creada por Masel; un software para empresas do sector do hidróxeno e combustibles renovables de digHy; a tecnoloxía UAS de Luxsit Pharus, que permite espectáculos de luces con drons seguros e sostibles; e dúas firmas de cosmética: Chorima Cosmética Atlántica, con coidados sensoriais, e Blue Silk Cosmetics, coa primeira liña termal para animais. O proxecto mellor valorado recibirá unha achega económica, o acceso ao programa Perks de Google e a entrada preferente na incubadora ViaGalicia da Zona Franca.
O Pont-Up Store recupera tamén a actividade 10 minutos de Gloria, na que se darán a coñecer o asistente virtual Serenia e a plataforma Gastrovisual, deseñada para converter a carta dun restaurante nun menú interactivo en vídeo que mostra a calidade, os ingredientes e o proceso de elaboración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?