Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova Lei de Cooperativas de Galicia apostará pola dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova Lei de Cooperativas de Galicia apostará pola dixitalización

Redacción
Publicado: 22/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250922_pte_empr_consello_rp_dcs_04.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello deu o visto e prace para avanzar no anteproxecto da nova Lei de Cooperativas de Galicia, «que promoverá a creación de cooperativas en novos sectores estratéxicos e permitirá simplificar os trámites destas entidades».
Rueda subliñou a necesidade de actualizar a normativa vixente, con case 30 anos de antigüidade, «á realidade legal, social e económica da actualidade». Pola súa parte, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, indicou: «Queremos ofrecer menos trabas e máis apoio ás cooperativas para que sigan sendo un motor da nosa economía».
250922_pte_empr_consello_rp_dcs_07.jpg Segundo explicou González, a futura lei —que será remitida ao Parlamento nos vindeiros meses— «busca fortalecer e modernizar este modelo empresarial». Con ese obxectivo, pon o foco na capacidade desta fórmula para impulsar novas iniciativas en ámbitos clave como os servizos sociais, a enerxía ou a vivenda, ofrecendo maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras. Ao tempo, recolle medidas de simplificación administrativa e de reforzo da dixitalización e profesionalización do sector, co fin de favorecer tanto a creación e posta en marcha de novas cooperativas como a consolidación das xa existentes, reforzando a súa presenza no conxunto do territorio galego.
A simplificación dos trámites será un dos piares da norma. Prevese un réxime administrativo máis flexible, cun maior protagonismo da web corporativa e unha comunicación máis áxil cos socios a través de medios electrónicos. Tamén se amplían os usos do fondo de educación e promoción —o 5 % do beneficio— a fins como igualdade, conciliación, incorporación da mocidade e relevo xeracional, converténdoo nun instrumento de modernización e sustentabilidade das cooperativas.
Así mesmo, a lei fomentará a dixitalización do Rexistro de Cooperativas para que os trámites e a obtención de documentos poidan realizarse de forma automática, mellorando a información e a transparencia e facilitando a elaboración de estudos estatísticos. Tamén se garante unha comunicación telemática máis rápida cos socios, preservando en todo momento a seguridade xurídica.
Segundo destacou o conselleiro, esta iniciativa demostra que «Galicia aposta polo cooperativismo que é apostar polo futuro e un modelo empresarial que sitúa no centro ás persoas». González defendeu estas entidades como «un modelo moderno, flexible e arraigado ao territorio».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?