Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta investirá máis de medio millón de euros na integración de novos dispositivos médicos de monitorización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta investirá máis de medio millón de euros na integración de novos dispositivos médicos de monitorización

Redacción
Publicado: 22/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250922_pte_consello_reunion_dcs_06.jpgO Consello da Xunta anunciou o investimento de máis de 500.000 euros na integración de novos dispositivos médicos de monitorización na historia clínica electrónica dos pacientes. A Consellería de Sanidade contratará servizos informáticos por ese importe co fin de integrar na plataforma de teleasistencia domiciliaria todos os dispositivos vinculados ao seguimento de pacientes crónicos nos seus fogares.
Trátase de equipos para medir de forma continua e non invasiva a tensión e a frecuencia cardíaca, dispositivos de diálise peritoneal, control de hipertensión, respiradores domiciliarios, sistemas multiparamétricos, hemodiálise a domicilio, bombas de infusión e monitorización continua de glucosa. O contrato terá vixencia ata xuño de 2026 e financiarase con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia destinados á saúde dixital personalizada.
Telea, plataforma de telemonitorización do Sergas integrada na historia clínica electrónica, facilita a comunicación entre profesionais sanitarios e pacientes mediante SMS, chamadas telefónicas ou videoconsultas, evitando desprazamentos innecesarios e permitindo detectar con rapidez posibles descompensacións.
Na actualidade, a través de Telea, o Servizo Galego de Saúde atende a máis de 30.000 pacientes, boa parte deles con equipos de monitorización continua. Isto supón o envío diario de máis de 380.000 medicións e, só en 2024, a transmisión de máis de 44 millóns de variables clínicas. No que vai de 2025, a cifra xa supera os 90 millóns.
Este modelo de atención tamén contribuíu a reforzar a hospitalización a domicilio e a continuidade dos coidados, converténdose nunha canle de acceso esencial aos servizos sanitarios tanto para os doentes coma para os seus coidadores.
Na actualidade, Galicia xa integra na súa rede cinco provedores de dispositivos cardíacos conectables, dous de monitorización continua da glucosa, tres de bombas de infusión e un de equipos de hemodiálise domiciliaria, o que sitúa ao Sergas como pioneiro neste ámbito. O obxectivo agora é ampliar este modelo a máis provedores e ámbitos asistenciais mediante ferramentas tecnolóxicas específicas que permitan incorporar á historia clínica calquera dispositivo asociado aos pacientes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?