Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coruña Estudio Inmersivo estivo presente no Festival de San Sebastián
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coruña Estudio Inmersivo estivo presente no Festival de San Sebastián

Redacción
Publicado: 22/09/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

jhs8513.jpgO Festival de San Sebastián serviu o pasado domingo de escenario para que a Deputación da Coruña e Pedralonga Estudios presentasen ante representantes clave da industria audiovisual o Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o maior centro de produción virtual de España, chamado a liderar unha nova etapa das producións audiovisuais en Europa.
O acto tivo lugar no histórico hotel María Cristina da capital donostiarra, conducido pola presidenta de Pedralonga Estudios, Fernanda Tabarés. Nel interviñeron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), Alfonso Blanco, ante unha ampla representación do sector, con responsables de plataformas e televisións como Netflix, Amazon Prime Video, Movistar+, RTVE, Mediaset ou Atresmedia, ademais de produtoras nacionais e internacionais, medios de comunicación e institucións vinculadas á industria.
jhs8382.jpg Durante a súa intervención, Valentín González Formoso destacou que o CEI «conecta dous sectores clave para o futuro de Galicia: o audiovisual e o tecnolóxico» e incidiu en que esta iniciativa reforzará a capacidade galega de atraer proxectos tanto nacionais coma internacionais. Ademais, puxo en valor o modelo de colaboración público-privada que fixo posible a posta en marcha deste espazo de última xeración.
«O CEI representa moito máis que unha aposta tecnolóxica, xa que é, sobre todo, unha gran aposta polo talento creativo de Galicia, na capacidade do seu sector audiovisual para reinventarse e buscar novas formas de contar historias que conectan co mundo», afirmou Formoso, quen se declarou «orgulloso de que unha institución bicentenaria como a Deputación da Coruña sexa capaz de liderar proxectos de vangarda a nivel estatal e dun sector audiovisual galego que se implicou a fondo para que A Coruña conte hoxe co estudo de produción virtual coa tecnoloxía máis avanzada de España».
O presidente provincial subliñou tamén que «Galicia, e a provincia da Coruña en particular, contan cunha industria sólida, con produtoras valentes e profesionais altamente cualificados que levan anos creando contidos de éxito que conectan coa audiencia nacional e internacional, e que o CEI permite dar un paso máis ao situar a Galicia como referente estatal e europeo en tecnoloxía de produción virtual».
Neste mesmo sentido, engadiu que «Coruña Estudio Inmersivo vén a sumar, a abrir novas posibilidades, a permitir que as produtoras nacionais e internacionais podan crear en Galicia sen límites técnicos nin barreiras. Galicia non só será escenario natural privilexiado, como o ten sido sempre, será tamén escenario virtual, laboratorio de ideas e punto de encontro entre a creatividade e a tecnoloxía».
jhs8096_1_1.jpg Pola súa parte, o presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, salientou que a posta en marcha desta infraestrutura de vangarda terá un impacto positivo en todo o sector nacional de rodaxes e servizos de produción. «Pedralonga Estudios e CEI completan un cóctel perfecto que sitúa a Galicia como o destino de rodaxe ideal», dixo, sinalando ademais factores como os máis de trinta anos de traxectoria da industria galega, a presenza de produtoras ben posicionadas a nivel internacional, o talento técnico e artístico de primeiro nivel, a diversidade paisaxística ou as axudas públicas que favorecen a coprodución e a atracción de rodaxes.
Tamén interveu a presidenta de Pedralonga Estudios, Fernanda Tabarés, quen explicou as vantaxes competitivas do CEI. «Conta cunha extensión total superior aos 2.000 metros cadrados nos que atopamos o plató virtual de 750 m² cunha LED wall de 28×6 metros e 1,9 pixel pitch de definición», precisou, lembrando que estes recursos técnicos sitúan o centro á vangarda da produción virtual europea. Engadiu que ao longo de 2026 incorporaranse dous novos platós de 2.500 e 2.000 m² actualmente en construción, concibidos para ofrecer un servizo integral á produción audiovisual coa súa dotación de instalacións complementarias. «O noso obxectivo compartido é ofrecer a última tecnoloxía ao servizo da creatividade e a industria a prezos competitivos».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?