Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Trump endurece a política de visados que facilitan a captación de talento tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Trump endurece a política de visados que facilitan a captación de talento tecnolóxico

Redacción
Publicado: 22/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

p20250915mr-0989_54792518888_o.jpgNun movemento que marca un punto de inflexión na política migratoria laboral dos Estados Unidos, o presidente Donald J. Trump asinou unha proclamación que limita severamente a entrada de traballadores estranxeiros baixo o programa de visados H-1B (empregado polas meirandes compañías tecnolóxicas para incorporar traballadores altamente cualificados). A medida, anunciada o 19 de setembro de 2025, esixe un pagamento único de 100.000 dólares para cada nova solicitude de visado, excluíndo renovacións e titulares actuais que se atopen fóra do país.
Segundo a Casa Branca, esta acción busca frear os abusos sistemáticos do programa están a substituír traballadores estadounidenses por man de obra estranxeira máis barata, especialmente no sector tecnolóxico. Datos oficiais revelan que o número de traballadores STEM estranxeiros duplicouse entre 2000 e 2019, mentres que o emprego total en STEM apenas medrou un 44,5 %. En ocupacións de informática e matemáticas, a proporción de traballadores estranxeiros pasou do 17,7 % ao 26,1 %.
A proclamación tamén denuncia que empresas de outsourcing tecnolóxico están a aproveitar o programa para reducir custos, despedindo milleiros de traballadores estadounidenses mentres contratan miles de empregados estranxeiros. A administración Trump argumenta que esta dinámica non só afecta os salarios e oportunidades laborais dos estadounidenses, senón que tamén representa unha ameaza á seguridade nacional.
O Departamento de Seguridade Nacional e o Departamento de Estado coordinarán a implementación da medida, que estará vixente durante 12 meses, con posibilidade de prórroga. A medida, seguirá a táctica xa habitual da administración Trump de permitir excepcións discrecionais amparadas no interese nacional.
A voceira da Casa Branca, Karoline Leavitt, aclarou en redes sociais que o novo requisito económico non se aplicará aos titulares actuais de visados H-1B nin ás renovacións, e que entrará en vigor na vindeira quenda de lotaría de visados.
Este endurecemento da política migratoria laboral está a verse con moita preocupación dende Silicon Valley, xa que a importación de talento é a clave do seu éxito, e na actualidade, en plena explosión da intelixencia artificial, é crucial poder contar cos mellores cerebros do mundo e a inseguridade sobre a súa liberdade de movementos pode ser un grande atranco.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?