Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada de lecer dixital en familia quere fomentar o uso responsable das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada de lecer dixital en familia quere fomentar o uso responsable das TIC

Redacción
Publicado: 22/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250921_xornada_benestar_dixital_familiar.jpgA Xunta está a ultimar os detalles da Xornada de Benestar Dixital Familiar, que terá lugar o sábado 27 de setembro no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. A proposta, organizada pola Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, pretende impulsar unha convivencia saudable coas pantallas e dispositivos electrónicos no seo das familias, ao tempo que promove hábitos adecuados na contorna dixital.
O encontro quere favorecer un equilibrio entre as actividades dixitais e o tempo compartido en familia, estimular a procura de contidos educativos e de entretemento con valor engadido e establecer pautas de conduta dixital nas que os adultos exerzan de referentes para os máis pequenos.
A programación desenvolverase de 12.00 a 20.00 e está pensada para todos os membros da familia, estruturándose en catro bloques de actividades. Haberá un Torneo de Mario Kart no que pais e fillos competirán nun campionato interxeracional; un obradoiro con ferramentas e orientacións sobre contidos adaptados a cada idade; actividades que combinen xogos tradicionais con propostas dixitais; e, finalmente, un taller no que se darán a coñecer as últimas tendencias do lecer dixital e os retos tecnolóxicos por vir, como a realidade virtual ou a intelixencia artificial.
Xunto con estas propostas, habilitaranse espazos de lecer e experiencias dixitais complementarias, co obxectivo de crear un ambiente participativo e distendido.
A asistencia será de balde. As familias interesadas só deberán achegarse ao hall do Multiusos Fontes do Sar, onde poderán cubrir un formulario mediante un código QR para recoller información sobre os seus hábitos dixitais e datos persoais. Con estes datos crearase unha base para facer un seguimento posterior da posta en práctica das recomendacións.
Os cuestionarios, dispoñibles tamén en formato físico e por correo electrónico, permitirán realizar unha avaliación ás catro semanas, analizando as novas actitudes adquiridas e o impacto en cada fogar.
A Consellería de Sanidade prevé ampliar esta experiencia de lecer dixital e familiar a outras localidades galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?