Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Kojima Productions estrea un tráiler do seu novo xogo de terror
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Kojima Productions estrea un tráiler do seu novo xogo de terror

Redacción
Publicado: 23/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

od_g1gwmt_aoae8wie.jpgDurante o evento de celebración do décimo aniversario de Kojima Productions estreouse o novo trailer de OD, un proxecto con selo de Xbox Game Studios que promete redefinir os límites entre xogo e cine interactivo, que Hideo Kojima confirmou que o seu desenvolvemento está «ben encamiñado» e conta co apoio técnico de Microsoft.
A actriz Sophia Lillis, coñecida por filmes como IT e Dungeons & Dragons: Honor Entre Ladrones, protagoniza un avance que evoca directamente o espírito de P.T., un adianto do xogo Silent Hills que rematou sendo cancelado (convertendo esta breve experiencia nalgo único). No tráiler, Lillis aparece nunha habitación desolada, acendendo candeas mentres sons inquietantes e fenómenos sobrenaturais (como sangue fluíndo dunha vela ou vermes saíndo doutra) envolven a escena. A tensión culmina coa aparición dunha entidade que a agarra pola cara, nunha secuencia que destaca pola precisión emocional da interpretación dixital, grazas á tecnoloxía Meta Human de Unreal Engine.
od_knock_03.jpg Phil Spencer, responsable de Xbox, definiu OD como «audaz, único e inconfundiblemente desta produtora», subliñando que o traballo con Unreal Engine está a permitir avances visuais que superan incluso os acadados en Death Stranding 2. Kojima, pola súa banda, cualificou o proxecto como avant-garde, centrado no medo e na posibilidade de «sobredose emocional», o que dá nome ao xogo.
Aínda que non hai data de lanzamento confirmada, OD está previsto para Windows e Xbox Series X|S, aínda que non se descarta unha chegada a outras plataformas. O título, subtitulado Knock, parece formar parte dun universo narrativo máis amplo, no que tamén participa o cineasta Jordan Peele, aínda que o seu papel específico está pendente de desvelar.


Tráiler de OD

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?