Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova edición do programa para startups de Abanca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova edición do programa para startups de Abanca

Redacción
Publicado: 23/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250923-abanca-innova-2-hd-5bc079af.jpgAbanca vén de pór en marcha o prazo de inscrición da undécima edición do Programa para Startups de Abanca Innova, unha iniciativa que se consolidou como referente de innovación aberta no noroeste peninsular. As candidaturas poden presentarse en liña ata o 7 de novembro.
A convocatoria diríxese a empresas emerxentes que desenvolvan proxectos en ámbitos como fintech, insurtech, regtech, ciberseguridade ou sustentabilidade, aínda que tamén se terán en conta outras propostas con capacidade de transformar o sector financeiro. As startups deben contar cun produto xa no mercado, aínda que se atope nunha fase temperá, e dispoñer dun equipo con capacidade para adaptalo a contornas reais de proba.
Entre os desafíos sinalados este ano destacan a mellora da experiencia do cliente mediante intelixencia artificial, a integración de ferramentas para a xestión de incidencias e personalización de servizos, solucións sostibles que reduzan a pegada ambiental ou propostas que impulsen o uso ético e seguro da IA en contornas controladas. Tamén se valorarán outras iniciativas orientadas a reforzar a eficiencia, a xestión de riscos ou a transición cara unha economía máis sostible.
As startups seleccionadas participarán en novembro nun primeiro obradoiro de traballo con equipos de Abanca. Posteriormente, aquelas que superen esta fase accederán ao bootcamp, que terá lugar entre o 25 de novembro e o 16 de decembro, no que se definirá o piloto, os custos asociados e os requisitos técnicos. Os proxectos viables avanzarán cara o desenvolvemento dunha proba de concepto (PoC) con áreas de negocio da entidade.
O programa, que conta coa colaboración da empresa HubIN, ofrece acompañamento especializado, acceso aos espazos de coworking de Abanca Innova e a posibilidade de participar en actividades de investimento. Desde o seu lanzamento, recibiu 554 solicitudes, das que 268 foron analizadas directamente por directivos da entidade e deron lugar a 24 probas de concepto. Na pasada edición resultaron seleccionadas iniciativas como Salescaling, GPT Advisor e Galtea, que se atopan actualmente en fase de desenvolvemento con Abanca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?