Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta reforza a formación dos empregados públicos en protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta reforza a formación dos empregados públicos en protección de datos

Redacción
Publicado: 24/09/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

250924_fcnda_inaugracurso-4.jpgUn total de 70 empregados públicos participan desde hoxe na cuarta edición do Curso superior en protección de datos, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Nodo CIBER.gal.
A sesión inaugural contou coa presenza da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos; do director da AMTEGA, Julián Cerviño Iglesia, e do xefe da subárea de seguridade da Axencia e director da acción formativa, Gustavo Herva Iglesias.
Rodríguez-Campos puxo en valor a ampla acollida desta edición e subliñou que o avance tecnolóxico no eido da Administración pública «ten que ir acompañado dunha clara preocupación pola seguridade como factor decisivo na implantación da Administración electrónica e da sociedade da información». Engadiu tamén que «ante o desenvolvemento da Administración dixital é preciso dotar ao persoal empregado público das ferramentas e os coñecementos necesarios para salvagardar os datos persoais que se almacenan e transmiten en liña, algo esencial para defender os dereitos da cidadanía e preservar a confianza nas nosas institucións».
A directora da EGAP recalcou que entre os obxectivos da Xunta «é mellorar a seguridade para minimizar os posibles incidentes neste eido, garantir a confidencialidade da información e asegurar a continuidade do servizos prestados». Por iso, afirmou que «faise ineludible a convocatoria de actividades formativas que contribúan a crear un escenario de seguridade xurídica». Engadiu ademais que este curso «é unha mostra máis do esforzo e o compromiso por parte da Escola por ofrecer unha formación anual completa, actualizada e de calidade naquelas materias de relevancia para o persoal empregado público mediante cursos e accións formativas en relación co eido dixital».
250924_fcnda_inaugracurso-5.jpg Pola súa parte, o director da AMTEGA, Julián Cerviño, destacou que «os datos deben usarse para mellorar a calidade de vida das persoas, pero, en todos os casos, teñen que ser xestionados dende a responsabilidade, a seguridade, a garantía de confidencialidade e dende o coñecemento de toda a información normativa e legal». Sinalou igualmente que «o éxito de anteriores edicións e a demanda rexistrada este ano, no que se volveron a completar con creces as 70 prazas, indican que o persoal empregado público de Galicia afronta este reto con esa responsabilidade necesaria».
Na sesión inaugural, Elena Davara e Laura Davara impartiron unha clase maxistral centrada nas claves para cumprir a normativa de protección de datos e o seu impacto nas redes sociais. Tamén interveu Víctor Salgado Seguín cun relatorio sobre protección de datos e intelixencia artificial.
Esta cuarta edición do curso, que se prolongará ata o 10 de decembro e conta cun total de 118 horas de duración, ofrece formación dende unha perspectiva técnico-xurídica e práctica. Trátase dunha actividade de modalidade mixta (presencial, telepresenza e teleformación) que busca concienciar sobre a importancia do dereito fundamental á protección de datos, promover boas prácticas de acordo coa normativa vixente, garantir o respecto aos dereitos das persoas interesadas e preparar ao persoal para a correcta xestión de posibles incidencias.
O programa inclúe contidos como os principios básicos de seguridade, as medidas que deben implantarse nos sistemas de información segundo o Regulamento Xeral de Protección de Datos e o Esquema Nacional de Seguridade, así como unha visión global das funcións e responsabilidades das persoas que manexan datos personais e do labor das autoridades de control.
Entre os temas que se tratarán figuran a responsabilidade da Administración pública no tratamento de datos, os dereitos da cidadanía, o réxime sancionador, a protección de datos en ámbitos como a saúde, os menores ou a propia Xunta, a garantía dos dereitos dixitais, a intelixencia artificial aplicada ás Administracións públicas e a videovixilancia, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?