Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta regulará o uso da IA no ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta regulará o uso da IA no ensino

Redacción
Publicado: 24/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250924_edcacion_reuxntaautnmica-04.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión coa Xunta Autonómica de Directores e Directoras no marco da rolda de encontros destinada a perfilar o contido da futura Lei de educación dixital. A intención do Goberno galego é completar a súa elaboración este outono para que poida aprobarse antes de que remate o curso.
Rodríguez agradeceu a implicación dos representantes dos equipos directivos de colexios e institutos, que contribúen a enriquecer un texto chamado a regular os dereitos e deberes da comunidade educativa (administracións públicas, centros, docentes, alumnado e familias) fronte aos novos retos que a transformación social introduce no ensino.
O conselleiro destacou que a lei incorporará un capítulo específico sobre a aplicación da intelixencia artificial ao sistema educativo, co obxectivo de aproveitar «e sacarlle o máximo rendemento ás súas potencialidades». Nese sentido, regularase e ordenarase o seu uso para favorecer a aprendizaxe e reducir os riscos derivados dun uso inadecuado. «Trátase de usala ben, poñendo ao docente e ao alumno no centro do sistema», engadiu.
250924_edcacion_reuxntaautnmica-02.jpg Subliñou ademais o carácter integral da futura norma, que aspira a converterse nun referente máis alá de Galicia, xa que actualmente non existe unha lei deste tipo nin no conxunto do Estado nin a nivel europeo. O texto recollerá cuestións como a regulación da comunicación dixital entre docentes e alumnado fóra do horario lectivo, o uso responsable da intelixencia artificial ou a resposta ante condutas contrarias á convivencia no ámbito dixital.
Entre os obxectivos principais figura a consolidación do modelo galego de ensino híbrido, no que as ferramentas tradicionais se complementan coas novas tecnoloxías para garantir a mellor preparación do alumnado. Para iso, procurarase dotar os estudantes de competencias dixitais que lles permitan desenvolverse de xeito responsable, seguro, crítico e competitivo.
O texto tamén adaptará o uso das tecnoloxías nas aulas segundo a etapa educativa e o grao de madurez dos estudantes, e insistirá en aspectos como o benestar dixital, a privacidade, a protección de datos, o dereito á identidade dixital e á intimidade, así como a accesibilidade universal. En paralelo, fomentarase a colaboración cos centros e as familias a través de sesións de titoría e accións informativas específicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?