Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os novos procesadores de Qualcomm para portátiles apostan pola IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os novos procesadores de Qualcomm para portátiles apostan pola IA

Redacción
Publicado: 24/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

snapdragonx2eliteextreme_insidev.jpgQualcomm revelou os seus novos procesadores Snapdragon X2 Elite e X2 Elite Extreme, deseñados para redefinir o rendemento nos portátiles con Windows 11 (aspirando a poder competir cos MacBooks con procesador M4). A compañía asegura que se trata dos chips máis rápidos e eficientes xamais creados para este ecosistema, cunha combinación de potencia, autonomía e capacidades de intelixencia artificial que apunta directamente ao segmento ultra-premium.
O modelo Extreme está pensado para profesionais que traballan con cargas intensivas: edición multimedia avanzada, análise de datos complexos ou investigación científica. Grazas á terceira xeración do procesador Qualcomm Oryon, ofrece ata un 75 % máis de rendemento que a competencia mantendo o mesmo consumo. A nova arquitectura gráfica Adreno multiplica por 2.3 a eficiencia por vatio respecto á xeración anterior, mentres que a unidade de procesamento neuronal Hexagon alcanza os 80 TOPS, converténdose na NPU máis rápida do mundo para portátiles.
Pero a aposta de Qualcomm non se limita ao rendemento bruto. Estes procesadores están preparados para experiencias Copilot+ e tarefas de IA simultáneas, mesmo en dispositivos finos e lixeiros sen estar conectados á corrente. O modelo Elite, aínda que menos extremo, tamén ofrece melloras significativas: ata un 31 % máis de rendemento e un aforro de enerxía do 43% respecto ao seu predecesor.
Os primeiros equipos con Snapdragon X2 Elite chegarán na primeira metade de 2026, prometendo unha nova era de computación portátil onde a IA, a eficiencia e a potencia conviven sen compromisos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?