Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple culpa á lexislación europea do adiamento de certas funcións dos seus dispositivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple culpa á lexislación europea do adiamento de certas funcións dos seus dispositivos

Redacción
Publicado: 25/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

macbook-air-13in-iphone-15-pro-m.jpgApple vén de publicar un comunicado no que cuestiona o impacto da Lei de Mercados Dixitais (DMA) sobre a experiencia dos seus usuarios europeos. A compañía da mazá asegura que a normativa, en vigor desde 2023, está a provocar adiamentos no lanzamento de funcións, maior exposición a riscos de seguridade e unha experiencia menos integrada entre os seus dispositivos.
Segundo a versión oficial, ferramentas como a tradución en tempo real cos AirPods, a función de mirroring do iPhone no Mac ou novas opcións de privacidade en Mapas non chegaron á Unión Europea porque a Comisión Europea esixe que tamén sexan compatibles con dispositivos e aplicacións de terceiros. Apple sostén que isto compromete a seguridade dos datos (argumento empregado como comodín para oporse sempre á competencia) e atrasa a dispoñibilidade das innovacións (cando é a propia Apple quen adía as funcionalidades).
ios-26-iphone-16-pro-translate-l.jpg A empresa tamén alerta sobre os riscos do sideloading e das tendas alternativas de aplicacións, obrigatorias na UE desde a entrada en vigor da DMA. No seu comunicado menciona posibles problemas como calotes, malware ou a aparición de aplicacións de pornografía e xogo que non estaban permitidas na App Store.
A compañía vai máis alá e acusa á normativa de xerar «menos diferenciación» e «competencia desleal», xa que só se aplica a determinados actores do mercado, como Apple, mentres outros fabricantes como Samsung ou marcas chinesas non estarían sometidos ás mesmas obrigas (aínda que omiten que estas compañías non impiden a outros fabricantes desenvolver funcións alternativas ás súas que funcionen nos seus dispositivos).
Cómpre lembrar que a DMA busca precisamente limitar prácticas consideradas de carácter monopolístico e abrir opcións para consumidores e desenvolvedores, e non consolidar a posición dominante de compañías como Apple. A Comisión Europea argumenta que a Lei pretende mellorar a competencia e garantir máis alternativas de servizos dixitais, mesmo se iso obriga a modificar modelos de negocio moi consolidados.
Temos así que o pulso entre Bruxelas e Apple sáldase co secuestro dos clientes de Apple na UE, que vén como algunhas funcións chegan máis tarde ou con limitacións aos seus dispositivos, o que semella unha chantaxe da compañía de Cupertino para forzar á Comisión Europea a relaxar a súa lexislación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?