Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías de vangarda centran unha xornada na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

As tecnoloxías de vangarda centran unha xornada na Coruña

Redacción
Publicado: 29/09/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

quincemil11346297.jpgQuincemil e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) celebrarán o vindeiro xoves 2 de outubro na Coruña a primeira edición do Foro CTV: Ciencia e Tecnoloxía de Vangarda, unha cita chamada a converterse nun espazo de referencia para a reflexión sobre a innovación disruptiva en Galicia. O encontro terá lugar na Fundación Barrié dos Cantóns e contará con expertos, institucións e empresas arredor dalgunhas das áreas estratéxicas que están a marcar o desenvolvemento científico e tecnolóxico a nivel global.
Ao longo dunha mañá completa, o programa combinará intervencións institucionais e mesas de debate sobre intelixencia artificial, tecnoloxías cuánticas, ciberseguridade, investigación médica e biotecnolóxica, así como a emerxente industria de defensa en Galicia. Entre os participantes destacan representantes de organismos como AENOR, NTT DATA, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, Navantia ou o Clúster Bioga, ademais de profesionais de empresas e entidades galegas que están a aplicar a innovación en sectores tan diversos como o deporte, a moda ou a industria naval.
A inauguración correrá a cargo de Carlos Calvo, director xeral do ITG; Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta; e Inés Rey, alcaldesa da Coruña.
Entre os contidos do encontro podemos destacar a mesa redonda sobre intelixencia artificial responsable que terá lugar ás 9:55 (moderada polo decano do COETTG, José Manuel Martínez Pérez), a mesa redonda sobre tecnoloxías cuánticas ás 10:45 (coa participación de representantes do ITG e o IGFAE) e un relatorio sobre ciberseguridade, impartido polo experto Antonio Fernandes.
A clausura contará coa participación de Pablo Grandío, director de Quincemil, e de Carmen Cotelo, directora de GAIN.

Programa da xornada

  • 9:30 – Inauguración institucional
    Carlos Calvo, director xeral do Centro Tecnolóxico ITG
    Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia
    Inés Rey, alcaldesa da Coruña

  • 9:55 – Intelixencia Artificial responsable
    Rafael Vergara, manager de Solucións de Dixitalización e Tecnoloxía de AENOR
    Emilio Álvarez-Miranda, director da Área de Medio Ambiente, Fondos Europeos e Dixitalización da Coruña
    Modera: José Manuel Martínez Pérez, CEO de Mobify e decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación

  • 10:25 – Os avances da Biomedicina
    Juan Castro Loyo, consultor especialista en Health & Social Care en NTT DATA
    Modera: Ignacio Ramil, coordinador de Servizo de Medicina Interna do hospital HM Modelo

  • 10:45 – Tecnoloxías cuánticas
    Gonzalo Blázquez Gil, Quantum Tech Manager de ITG
    Javier Mas Solé, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
    Modera: Josefina Alonso Nocelo, directora de operacións de DIHGIGAL

  • 11:15 – Os novos retos da ciberseguridade
    Antonio Fernandes, hacker, experto en ciberseguridade e divulgador

  • 11:40 – Pausa café e networking

  • 12:20 – Intelixencia Artificial disruptiva: fútbol e biquinis
    Nacho Lourido Fuertes, director de tecnoloxía analítica e deportiva do R.C.Deportivo
    Diego Piñeiro, director de Innovación e Operacións en Selmark Lingerie
    Modera: Óscar González Represas, director AI & Quantum Division en ITG

  • 12:50 – A industria de defensa en Galicia
    Enrique Ventas García, UAS Global Growth Manager en ITG
    Carlos Blanco Seijo, director de I+D+i de Navantia
    Modera: Loreto Peteiro, subdirectora de Quincemil

  • 13:20 – A oportunidade da Biotecnoloxía
    Jose Vilariño, presidente do Clúster Bioga
    Modera: Gabriela González, directora de Comunicación e Sustentabilidade de Vegalsa-Eroski

  • 13:40 – Clausura
    Pablo Grandío, director de Quincemil
    Carmen Cotelo, directora de GAIN

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?