Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas Videoxogo e Literatura chegan en outubro a súa sétima edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas Videoxogo e Literatura chegan en outubro a súa sétima edición

S. P.
Publicado: 29/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornadas_sobre_literatura_e_videoxogos.jpgVigo vai acoller en outubro a VII edición das Xornadas Videoxogo e Literatura, organizadas pola Fundación Carlos Casares e patrocinadas polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e mais a Consellería de Cultura da Xunta. Desenvolveranse do martes 7 ao xoves 9 de outubro no MARCO de Vigo, analizando na súa sétima edición o sector cultural do videoxogo na súa relación con outros sectores culturais. Dentro das Xornadas poderá visitarse unha exposición, e haberá obradoiros escolares e familiares sobre videoxogos retro.
As VII Xornadas Videoxogo e Literatura é unha actividade anual da Fundación Carlos Casares, coa que pretende “abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos”.
As Xornadas de Videoxogo e Literatura pretenden, tamén, ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos de profesionais do sector.
A organización confirmou que nesta sétima edición consolídase “a mirada transversal mediante novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros” (contando historias dende o papel ao mando, os indies en Galicia e o lecer interactivo e os seus diversos universos), para os obradoiros dirixidos ao público asistente: mercadotecnia no videoxogo, e unha charla sobre a IA e o seu impacto nos procesos artísticos. O evento será presentado por Bruno Doiro, e entre os profesionais participantes contamos con perfís moi variados, con procedencia na contorna da literatura e do lecer interactivo (como Antonio Gil, Inés Alcolea, David Gago, Camilo Franco, Pedro Meira ou Luis Miguel Nández), no sector industrial e creativo (como Byron Caparrós, Concepción González e José Raluy, Iago Domínguez, Ana Beatriz Sánchez ou Fátima G. Doval), do desenvolvemento gamer (Carolina Nickele, Silvia Fernández, Cristina Barreiro e José Carlos Montero) e doutras disciplinas artísticas relacionadas co videoxogo, como Denis Siks ou José Luis Abraldes.
Como actividade externa, baixo o título BIT a BIT. A evolución dos videoxogos!, a entidade desenvolverá entre os días 7 e 10 de outubro no Espazo Anexo do MARCO unha exposición sobre videoxogos centrados nos 16 e os 32 bits, as consolas que moldearon esas xeracións, e talleres para escolares e talleres familiares, “co fin de que todo o mundo teña a oportunidade de coñecer a evolución do lecer interactivo dos videoxogos retro”.
A entrada ás xornadas é de balde. A organización adianta, iso si, que é recomendable, en termos de aforo e para os obradoiros das xornadas, que as persoas interesadas se apunten previamente vía web.
Para a participación nos talleres de BIT A BIT para centros escolares no Espazo Anexo do MARCO, debe contactarse co museo MARCO de Vigo a través da conta comunicacion@marcovigo.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?