Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novas actividades extraescolares da Xunta para o fomento da convivencia dixital e o uso seguro das tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novas actividades extraescolares da Xunta para o fomento da convivencia dixital e o uso seguro das tecnoloxías

Redacción
Publicado: 29/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

romanlalin_g1h9l3-xoaacebd.jpgMáis de 4.500 estudantes de entre 9 e 17 anos poderán participar este outono nas novas actividades extraescolares que a Xunta pon en marcha para impulsar a convivencia dixital e o uso seguro das tecnoloxías. O Goberno galego destina máis dun millón de euros ao programa ConVivimos Dixital, presentado esta semana no Parlamento polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. A iniciativa será gratuíta para as familias e enlaza cos obxectivos da futura Lei de educación dixital, coa que a Xunta pretende regular o uso das novas tecnoloxías nas aulas.
As actividades desenvolveranse nos centros que as soliciten en horario extraescolar, entre o 13 de outubro e o 18 de decembro, con dúas sesións semanais de dúas horas e en grupos de 15 a 25 participantes. Serán os propios centros educativos os que elixan os días e horarios.
A convocatoria está aberta a centros públicos de Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e FP, e priorizarase o alumnado con maior vulnerabilidade educativa, social e económica. As direccións deberán presentar as solicitudes ata o 9 de outubro a través da Sede Electrónica da Xunta.
O obxectivo do programa é fomentar unha convivencia dixital responsable desde idades temperás, garantindo o benestar e a seguridade dos menores no ámbito tecnolóxico. Para iso, búscase que adquiran competencias que favorezan un uso positivo, inclusivo e seguro da tecnoloxía, en sintonía coas medidas impulsadas por outras administracións.
ConVivimos Dixital combina accións formativas, talleres prácticos e dinámicas grupais que promoven a cooperación e o traballo en equipo, ao tempo que se reforzan as competencias dixitais e se fomenta unha convivencia respectuosa e inclusiva, con especial atención ao alumnado vulnerable.
O programa estrutúrase en tres niveis segundo a idade: competencias dixitais básicas para estudantes de 9 a 11 anos, intermedias para os de 12 e 13 e avanzadas para o grupo de 14 a 17. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, orientada a aprendizaxes significativas e á educación en valores democráticos, sustentabilidade e coñecemento do contorno. As sesións estarán dirixidas por persoal con formación e competencia dixital acreditada.
Financiado con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, ConVivimos Dixital intégrase nas iniciativas da Consellería de Educación para reforzar a competencia dixital do alumnado galego no marco da Estratexia de educación dixital 2030, que tamén busca dotar ao profesorado de novas capacidades e consolidar un ecosistema dixital nos centros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?