Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O modelo de ensino híbrido de Galicia recibe un premio a nivel estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O modelo de ensino híbrido de Galicia recibe un premio a nivel estatal

Redacción
Publicado: 30/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250930premioeducaciondixital1.jpgO modelo galego de ensino híbrido vén de recibir un recoñecemento estatal ao ser galardoado co primeiro Premio do Observatorio Nacional de Educación Dixital (ONED). A entrega celebrouse en Málaga no marco das Xornadas de colaboración público-privada en educación, nas que participou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez.
O ONED, integrado por entidades como a Fundación Cotec, a Fundación Princesa de Girona ou a Universidade Internacional de Valencia, destacou a transformación dixital das aulas galegas e o carácter pioneiro da futura Lei de educación dixital. Segundo Román Rodríguez, este premio constitúe «un aval ao labor do Goberno galego nos últimos anos grazas ao diálogo permanente con toda a comunidade educativa».
Entre os aspectos máis valorados figuran a consolidación do proxecto E-dixgal, a posta en marcha de novos recursos abertos a través da plataforma cREAgal e o impulso dunha normativa que regulará dereitos e deberes no uso das tecnoloxías e fronte a desafíos como a intelixencia artificial.
20250930premioeducaciondixital3.jpg Tras recibir o galardón, Rodríguez participou nun panel sobre políticas autonómicas de dixitalización educativa xunto con representantes de Baleares, Canarias e Andalucía. Pola súa parte, o xerente de proxectos de educación da AMTEGA, Manuel Ángel García, interveu nun debate sobre os primeiros pasos dos grupos de expertos do Observatorio.
O conselleiro insistiu en que o obxectivo prioritario de Galicia é consolidar un modelo híbrido no que as ferramentas tradicionais se combinen coas novas tecnoloxías para mellorar a aprendizaxe e dotar o alumnado das competencias dixitais necesarias para un desenvolvemento seguro, crítico e competitivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?