Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un foro xunta en Compostela a expertos en tecnoloxías cuánticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un foro xunta en Compostela a expertos en tecnoloxías cuánticas

Redacción
Publicado: 30/09/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250930_educcin_inaugrcionforo-3.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, inaugurou hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea o segundo encontro do ecosistema galego de I+D+i en cuántica. O foro, baixo o lema Construíndo ecosistemas de impacto en cuántica, reuniu un cento de expertos e entidades nacionais e internacionais co obxectivo de reforzar as colaboracións e afianzar o posicionamento de Galicia como referente neste ámbito tecnolóxico.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou a relevancia estratéxica deste sector para a comunidade: «Aquí hai potencial, hai talento, hai infraestruturas e hai visión de futuro». Enmarcou ademais esta aposta na estratexia que Galicia vén desenvolvendo desde 2021 a través do Polo de Tecnoloxías Cuánticas e do Plan galego de investigación e innovación 2025-27, cualificado como unha iniciativa de alto impacto.
250930_educcin_inaugrcionforo-2.jpg Cotelo puxo o foco nos tres piares que sustentan as fortalezas do ecosistema: a formación e captación de talento, exemplificada no Máster interuniversitario en ciencia e tecnoloxías de información cuántica, pioneiro en España; a existencia de infraestruturas punteiras como o Qmio (ordenador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia), a súa ampliación e os laboratorios do Vigo Quantum Communication Centre; e, por último, a investigación e a innovación aplicada.
Tamén destacou a necesidade de cooperación entre universidades, centros de coñecemento, administración e empresas para avanzar no desenvolvemento destas tecnoloxías e conseguir que a cuántica pase do laboratorio ao mercado. Precisamente, un dos obxectivos do encontro foi visibilizar as capacidades do ecosistema e abrir oportunidades ao tecido empresarial. Con este fin, celebrouse unha mesa redonda con representantes de compañías e hubs de innovación dixital sobre os beneficios que estas tecnoloxías poden achegar ás empresas.
A Xunta presentou ademais a actualización do Mapa de capacidades en tecnoloxías cuánticas de Galicia, dado a coñecer por primeira vez en decembro de 2024 no marco do anterior foro. Este documento recolle máis de 140 profesionais que traballan na comunidade en áreas como computación, comunicacións e sensórica cuánticas, así como as infraestruturas dispoñibles, co propósito de favorecer a cooperación e consolidar o crecemento do ecosistema galego.
250930_educcin_inaugrcionforo-4.jpg O encontro completouse con outras dúas mesas redondas centradas no desenvolvemento de talento e no reforzo das colaboracións, así como con varias conferencias. Entre elas, a de Lois Orosa, director científico do CESGA, sobre a revolución cuántica como oportunidade estratéxica; a de Valentín García, director de innovación de Lantik S.A., sobre o camiño da innovación neste eido; e a de Óscar Díez, xefe de sector de computación cuántica na Comisión Europea, sobre colaboracións internacionais.
A xornada forma parte do proxecto Quorum (Ecosistemas de innovación en cuántica), financiado polo CDTI con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Liderada por Gradiant e con socios como Fujitsu, a Axencia Galega de Innovación, o CESGA, Fidesol Itecam, QCentroid e Qilimanjaro, a iniciativa busca crear unha contorna colaborativa que impulse a innovación cuántica en España e sitúe ao país á vangarda destas tecnoloxías de futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?