Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este martes arrincan en Vigo as VII Xornadas de Videoxogo e Literatura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este martes arrincan en Vigo as VII Xornadas de Videoxogo e Literatura

S. P.
Publicado: 06/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vigo_-_museo_de_arte_contemporaneo__marco__2.jpgEste martes 7 de outubro arrincan no MARCO de Vigo as VII Xornadas de Videoxogo e Literatura, unha actividade anual da Fundación Carlos Casares que pretende abordar o sector cunha perspectiva transversal, sen perder de vista a relación coa literatura e as súas técnicas, así como as relacións que se establecen con outros sectores culturais e creativos. As Xornadas de Videoxogo e Literatura buscan tamén ampliar o coñecemento público do sector; debullar as perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais. Celebraranse ata o xoves 9.
Segundo explica a organización, nesta sétima edición consolídase a mirada transversal mediante novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (contando historias dende o papel ao mando, os indies en Galicia e o lecer interactivo e os seus diversos universos), para os obradoiros dirixidos ao público asistente sobre mercadotecnia no videoxogo, e unha charla sobre a inevitable IA e o seu impacto nos procesos artísticos.
20251006_225953.jpgO evento será presentado por Bruno Doiro, e entre os profesionais participantes cóntase con perfís moi variados, procedentes da contorna da literatura e do lecer interactivo, como Antonio Gil, Inés Alcolea, David Gago, Camilo Franco, Pedro Meira ou Luis Miguel Nández; do sector industrial e creativo, como Byron Caparrós, Concepción González e José Raluy, Iago Domínguez, Ana Beatriz Sánchez ou Fátima G. Doval; do desenvolvemento, como Carolina Nickele, Silvia Fernández, Cristina Barreiro e José Carlos Montero; e doutras disciplinas artísticas relacionadas co videoxogo, como Denis Siks ou José Luis Abraldes.
Como actividade externa, baixo o título BIT a BIT. A evolución dos videoxogos!, a entidade desenvolverá entre os días 7 e 10 de outubro no Espazo Anexo do MARCO unha exposición sobre videoxogos centrados nos 16 e os 32 bits, as consolas que moldearon esas xeracións, e obradoiros para escolares e talleres familiares, co fin de que todo o mundo teña a oportunidade de coñecer a evolución do lecer interactivo dos videoxogos retro.
Programa do 7 de outubro
20251006_225738.jpg 11.00 h. Mesa redonda Do papel ao mando. A arte de contar historias
Antonio Gil. Profesor titular de Teoría da literatura e literatura comparada (USC)
Inés Alcolea. Escritora, deseñadora narrativa e experta en mercadotecnia
12.15 h. Inauguración
13.00 h. Mesa redonda Visións sobre a industria do lecer interactivo
Byron Caparrós. Responsable de Área 60
Iago Domínguez. Responsable de Onente Gaming
17.00 h. Mesa redonda Os indies en Galicia. Que pasa tras un lanzamento
Carolina Nickele e Silvia Fernández. Desenvolvedoras do videoxogo Gelatina tiene hambre
Cristina Barreiro e José Carlos Montero. Desenvolvedores do videoxogo Alchemice
18.00 h. Obradoiro Como aplicar marketing ao deseño do teu videoxogo (Parte I)
Inés Alcolea. Escritora, deseñadora narrativa e experta en mercadotecnia
19.45 h. Obradoiro Como aplicar márketing ao deseño do teu videoxogo (Parte II)
Inés Alcolea. Escritora, deseñadora narrativa e experta en mercadotecnia

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?