Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Instagram premiará cun anel a unha selección de creadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Instagram premiará cun anel a unha selección de creadores

Redacción
Publicado: 06/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

instagram_rings_02.jpgInstagram vén de anunciar Rings, un novo galardón destinado a recoñecer a quen se atreve a asumir riscos creativos e facelo ao seu xeito, un tributo ás persoas capaces de reunir a outras arredor da súa creatividade e que merecen un recoñecemento por iso.
Rings non premia un tipo concreto de contido, senón un espírito. Dende a plataforma explican que un dos sentimentos máis compartidos polos creadores de todo o mundo é a mestura de entusiasmo e nerviosismo que acompaña o momento de crear algo e amosalo ao público.
instagram_rings_01.jpgEste galardón está pensado para quen non só participa da cultura, senón que a transforma, rompe barreiras e fai realidade as súas ambicións. Porque cada acto de creatividade, grande ou pequeno, pode conducir a algo extraordinario.
Para determinar como avaliar a creatividade, Instagram reuniu un xurado internacional composto por figuras lendarias da creación (como o youtubeiro tecnolóxico Marques Brownlee, o director de cine Spike Lee e o propio director da plataforma, Adam Mosseri), que se encargaron de nomear e votar polos creadores máis destacados. As persoas gañadoras recibirán un anel físico e outro dixital, que se mostrará no seu perfil de Instagram.
O deseño do anel correu a cargo de Grace Wales Bonner, unha das voces máis influentes da moda e a cultura actuais. A súa aposta pola excelencia creativa encaixa co espírito de Rings, polo que esta colaboración serviu para presentar de maneira especial o novo premio.
instagram_rings_03.jpg Instagram tamén quixo que a celebración se reflectise directamente na experiencia da plataforma. Así, cando un gañador publique unha historia, o seu perfil mostrará un anel dourado exclusivo arredor da imaxe (en lugar do círculo habitual das historias), visible tanto no perfil como na sección de historias do feed. Ademais, os premiados poderán personalizar a cor do fondo do seu perfil e modificar o botón de gústame, reforzando así a súa liberdade creativa durante o ano seguinte.
Instagram anunciará en breve os primeiros gañadores de Rings e celebrará o seu valor creativo ao longo dos vindeiros meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?