Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentos Inclusivos amosa na OSHWDem o potencial da tecnoloxía aberta para as persoas con discapacidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentos Inclusivos amosa na OSHWDem o potencial da tecnoloxía aberta para as persoas con discapacidade

S. P.
Publicado: 06/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oshwdem-1024x768.jpgA Domus acolleu este sábado 4 de outubro unha nova edición da OSHWDem, a feira de robótica e tecnoloxías abertas que cada ano organiza a asociación BricoLabs co obxectivo de achegar a innovación ao público familiar. Na súa sexta edición, o evento reuniu máis de 150 proxectos procedentes de España e varios puntos de Europa, incluíndo demostracións, competicións de robots, conferencias e unha ducia de obradoiros que se estenderán ata o mes de decembro.
Entre as iniciativas destacadas, o proxecto Talentos Inclusivos, impulsado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, volveu ter unha presenza relevante mostrando varios dos seus retos desenvolvidos en edicións anteriores. No espazo expositivo puidéronse ver un taboleiro de pictogramas e unicornios realizados en impresión 3D, que foron, segundo salientou o CITIC, “exemplos de como a tecnoloxía aberta pode mellorar a comunicación e a autonomía das persoas con discapacidade”.
O centro tamén informou que o seu persoal investigador presentou diversas experiencias tecnolóxicas centradas na accesibilidade e na inclusión. Entre elas, xogos de adestramento cognitivo mediante Realidade Virtual, presentados por Iago Fernández; unha demostración de Switch Mario Kart, cunha adaptación do mando para o seu control a través do tronco ou da cabeza, desenvolvida por Paula Santos; e Compra con-migo, un xogo personalizado deseñado por Jorge Rivadulla para fomentar a autonomía en tarefas cotiás. Tamén se realizou unha demostración de pintura con un produto de apoio de cabeza, que puxo de relevo o potencial da tecnoloxía inclusiva aplicada á arte.
“O OSHWDem é un exemplo de como a tecnoloxía pode ser accesible, creativa e transformadora. Iniciativas como Talentos Inclusivos amosan que a innovación aberta pode ter un impacto real na vida das persoas”, destacou Irene Brage, responsable de proxectos de Talentos Inclusivos.
Pola súa banda, Paula Santos-Dorrego subliñou que “a adaptación de mandos ou ferramentas de xogo abre un novo horizonte de participación e lecer inclusivo, permitindo que todas as persoas poidan gozar da tecnoloxía en igualdade de condicións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?