Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A XGN Intermax inicia a súa edición número 25
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A XGN Intermax inicia a súa edición número 25

Redacción
Publicado: 10/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

participantes-hoxe-na-xgn-intermax-ai-edition.jpgA maior LAN party de Galicia, a XGN Intermax AI Edition, abriu esta mañá as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, cun total de 863 participantes rexistrados. A tradicional conta atrás, coa que arrinca oficialmente o evento, contou coa presenza do director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.
Esta edición especial, que se prolongará ata o domingo, celebra o 25º aniversario da party e está integramente centrada na intelixencia artificial. Os asistentes dispoñen dunha conexión de ata 40 Gbps grazas á tecnolóxica galega Intermax Technology, patrocinadora oficial do evento, que repite colaboración tras incorporarse o pasado ano. Nesta ocasión, súmase tamén o provedor galego Raiola Networks como patrocinador.
O programa da XGN Intermax AI Edition inclúe máis de setenta actividades entre competicións, obradoiros e conferencias. Desde hoxe están en marcha máis de trinta competicións de arte dixital, videoxogos, modding, setups personalizados, programación de robots e CTF, probas nas que os participantes deben demostrar as súas habilidades en ciberseguridade.
participantes-anotandose-nu-dos-talleres-de-hoxe-na-xgn-intermax-ai-edition.jpg Na área de hardware destaca unha ampla zona de impresión 3D, coa granxa de impresoras e o espazo Maisprinter, onde os afeccionados comparten coñecementos e experimentan con novas técnicas. Tamén comezou un obradoiro de modding que se prolongará ata mañá, con sesións sobre pintura, montaxe e refrixeración líquida de equipos.
A zona de acceso libre, a Extranet, ofrece talleres sobre construción dunha radio FM funcional, hacking ético e seguridade electrónica, ademais de tres conferencias destacadas. José Ramón Mosteiro, de Netex Learning, aborda a «Gamificación a través da IA para a formación»; Raúl Ordoñez Jaspeante, recoñecido divulgador, falará de Intelixencia artificial: o teu novo superpoder; e o creador de contido Christian Sanz Toro Tocho Reviews impartirá a charla Espremer o teu PC ao 100%, centrada na optimización de CPU e GPU para xogos, creación de contido e IA.
Completan a oferta as zonas de videoconsolas, lentes de realidade virtual, simuladores, futbolín, tenis de mesa, xadrez e espazos deportivos, que estarán operativos durante toda a fin de semana.
A XGN Intermax AI Edition combina formación, competición e lecer tecnolóxico nunha edición que volve contar co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsora desta emblemática LAN party galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?