Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple permitirá ver partidos da NBA de xeito inmersivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple permitirá ver partidos da NBA de xeito inmersivo

Redacción
Publicado: 10/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1760132650257-0199d014-a5c7-7be9.jpgMentres agardamos á chegada de Apple Vision Pro a España (que posiblemente chegue coa vindeira revisión do produto), a compañía de Cupertino comeza a corrixir a súa principal eiva despois do seu prezo elevado, a carencia de contidos, anunciando que os afeccionados ao baloncesto poderán gozar moi pronto dunha experiencia sen precedentes coa chegada dos partidos da NBA en Apple Immersive a Apple Vision Pro, grazas a Spectrum SportsNet.
Durante a tempada 2025-26, unha selección de encontros en directo de Los Angeles Lakers permitirá vivir a emoción do xogo coma se se estivese a pé de pista, con perspectivas imposibles de captar nas retransmisións tradicionais.
O calendario completo darase a coñecer este outono e o primeiro encontro retransmitirase a comezos do próximo ano a través da nova aplicación Spectrum SportsNet para Vision Pro. Ademais dos partidos en directo dispoñibles para os afeccionados situados na área de emisión rexional dos Lakers (que abrangue o sur de California, Hawai e parte do sur de Nevada, incluíndo Las Vegas), tamén se poderán ver repeticións completas e resumos en Apple Vision Pro, tanto na aplicación SportsNet coma na da NBA, en determinados países e rexións.
1760132809079-0199d017-120e-78e0.jpg Estas emisións en directo gravaranse coa nova cámara URSA Cine Immersive Live de Blackmagic Design, unha versión adaptada do modelo presentado a comezos deste ano para captar contidos en Apple Immersive, e que estará dispoñible para a súa compra o vindeiro ano.
Apple Immersive permite aos espectadores vivir as historias coma se formasen parte delas, desde documentais íntimos e eventos deportivos innovadores ata producións musicais e viaxes. Os usuarios de Apple Vision Pro poden acceder a un catálogo en constante crecemento de series e filmes orixinais en Apple Immersive, como Adventure, Metallica, VIP: Yankee Stadium e a nova produción Tour De Force, de Canal+ e MotoGP. Nos vindeiros meses engadiranse novas películas do equipo de F1 de Audi, de Red Bull e doutras produtoras e marcas internacionais.
Así mesmo, os usuarios de Apple Vision Pro poden ver as retransmisións tradicionais en directo ou baixo demanda a través das aplicacións Spectrum TV e NBA. A app da NBA para Vision Pro ofrece funcións avanzadas para subscritores de NBA League Pass, como estatísticas en tempo real, multivisión con ata cinco partidos en 2D simultáneos e visualización dos movementos dos xogadores nun campo en 3D grazas ao modo tabletop en encontros seleccionados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?