Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Raúl Ordóñez anima na XGN Intermax a aproveitar a IA como un superpoder
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Raúl Ordóñez anima na XGN Intermax a aproveitar a IA como un superpoder

Redacción
Publicado: 10/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

jaspeante_aqptowcvosredykm83pcat.jpgA XGN Intermax AI Edition acolleu esta tarde unha das charlas máis esperadas do seu programa: Intelixencia artificial: o teu novo superpoder, impartida polo divulgador e formador Raúl Ordóñez Jaspeante, recentemente recoñecido como Mellor Influencer de España 2025 en Ciencias e Innovación.
Durante a sesión, celebrada na Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda, Ordóñez afirmou que «a intelixencia artificial non vén substituír ás persoas, senón potenciar o que nos fai únicos». O experto explicou, con exemplos prácticos e próximos, como esta tecnoloxía pode integrarse tanto na vida profesional coma na persoal para pensar, crear e traballar de maneiras que ata hai pouco semellaban imposibles.
jaspeante_3740594401824831740.jpg «A IA non é maxia, pero parécese bastante a un superpoder», asegurou, ao tempo que defendeu que o verdadeiro potencial desta ferramenta reside en liberar as persoas das tarefas mecánicas para que poidan centrarse na estratexia, na innovación e na creación de novas ideas. «Non se trata de que a tecnoloxía nos substitúa, senón de que amplifique as nosas capacidades», engadiu.
O relator, unha das voces de referencia en divulgación tecnolóxica no ámbito hispano, destacou tamén que a IA é unha oportunidade para multiplicar a produtividade e a creatividade, axudando tanto a profesionais como a empresas a aforrar tempo e a enfocarse no que realmente xera valor.
A conferencia enmárcase no programa da XGN Intermax AI Edition, a maior LAN party de Galicia, que celebra este ano o seu 25º aniversario cunha edición especial dedicada á intelixencia artificial. O evento, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e co patrocinio oficial de Intermax Technology, reúne ata o domingo máis de 860 participantes e un amplo abano de actividades formativas, lúdicas e divulgativas arredor das novas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?