Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rei Zentolo e Mexas triunfan na primeira edición dos Premios do eCommerce Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rei Zentolo e Mexas triunfan na primeira edición dos Premios do eCommerce Galego

Redacción
Publicado: 10/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mexasg25o9_mwcaa_rka.jpgOs Ecommerce Days 2025 celebrados en Pontevedra consolidáronse como o gran encontro do sector dixital galego, reunindo durante dúas xornadas a máis de 250 profesionais do comercio electrónico, o márketing e a innovación tecnolóxica. O evento, organizado por Marketing4eCommerce e o Clúster do eCommerce Galego, apostou por unha programación diversa que combinou conferencias, mesas redondas, faladoiros e espazos de networking, sempre cun enfoque práctico e orientado á transformación dixital das empresas.
No marco deste encontro, tivo lugar a primeira edición dos Premios do eCommerce Galego, unha iniciativa que busca recoñecer publicamente o talento e a capacidade de innovación das tendas online da comunidade. Os galardóns, entregados no Pazo da Cultura como broche final do evento, contaron cun sistema de votación popular a través da app oficial, implicando directamente aos asistentes na elección dos proxectos premiados.
reizentolog25o9fuxeaaxw9i.jpg Na categoría de Mellor eCommerce Emerxente, o recoñecemento foi para Rei Zentolo, marca que destaca pola súa identidade irreverente e creativa, e que soubo trasladar con éxito esa personalidade ao ámbito dixital. Pola súa parte, Mexas foi distinguida como Mellor eCommerce Galego, grazas á súa consolidación como proxecto de referencia, con máis de 500.000 euros de facturación en 2024 e unha proposta que combina deseño, artesanía e compromiso co territorio.
Estes premios non só dan visibilidade ao esforzo das marcas galegas por adaptarse ao ecosistema dixital, senón que tamén reflicten a madurez dun sector que continúa medrando e profesionalizándose. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?