Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA e a impresión 3D permitirán crear medicamentos personalizados en hospitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA e a impresión 3D permitirán crear medicamentos personalizados en hospitais

Redacción
Publicado: 13/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alvaro-goyanes-xgn-dsc07400.jpgO pasado sábado no marco da XGN Intermax AI Edition, Álvaro Goyanes, profesor da Facultade de Farmacia da USC e cofundador de Fabrx e FabRx AI, impartiu unha conferencia na que salientou que a combinación da intelixencia artificial e a impresión 3D está a revolucionar o desenvolvemento farmacéutico e permitirá fabricar tratamentos personalizados directamente nos hospitais.
O investigador, considerado unha referencia internacional neste ámbito, expuxo que a impresión 3D «permite fabricar tratamentos adaptados ás necesidades de cada paciente, tanto en dose como en composición, forma ou liberación do fármaco». Con esta tecnoloxía, engadiu, «no canto de producir millóns de comprimidos idénticos nunha fábrica, podemos imprimir medicamentos á carta en hospitais ou farmacias, axustando a cantidade exacta de principio activo ou combinando varios nun só medicamento». Isto, sinalou, «mellora a eficacia, a seguridade e a adherencia ao tratamento, especialmente en poboacións vulnerables como nenos, persoas maiores ou pacientes con enfermidades raras».
alvaro-goyanes-xgn-dsc07404.jpg No proceso de desenvolvemento destes medicamentos especializados, a intelixencia artificial comeza a desempeñar un papel fundamental. Como explicou Goyanes, en FabRx AI emprégana para «predicir a dose óptima que necesita cada paciente, optimizar as formulacións, prever a estabilidade dos fármacos e seleccionar os parámetros de impresión máis axeitados». No futuro, indicou, «a IA permitirá que os sistemas de impresión 3D axusten automaticamente a composición e a dose do medicamento en función dos datos clínicos do paciente, por exemplo, a súa idade, peso, xenética ou resposta ao tratamento, avanzando cara unha fabricación totalmente automatizada e conectada».
No tocante ao impacto desta revolución tecnolóxica, o experto destacou que «supón un cambio de paradigma», xa que «durante máis dun século a industria farmacéutica estivo centrada na produción masiva de medicamentos estandarizados» e a impresión 3D permite «pasar a unha medicina verdadeiramente personalizada e descentralizada, onde o paciente está no centro do proceso». Isto, engadiu, «pode mellorar os resultados clínicos, reducir efectos secundarios e optimizar o uso de recursos sanitarios» e, a longo prazo, «transformará a maneira en que concibimos a fabricación, distribución e prescrición de medicamentos».
m3dimaker.jpg Durante a súa conferencia, Goyanes tamén amosou exemplos prácticos dos proxectos que desenvolve en Fabrx, demostrando que esta combinación de intelixencia artificial e impresión 3D «non é ciencia ficción, xa está aquí». Así, explicou que en FabRx crearon a primeira impresora 3D con certificación GMP para uso farmacéutico, M3diMaker, e que as súas Pharma-inks (tintas farmacéuticas) xa se empregan en investigación e produción de medicamentos en distintos países. O obxectivo, destacou, é que «nun futuro próximo, cada hospital poida fabricar tratamentos personalizados baixo demanda, achegando a innovación directamente ao paciente».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?