Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta analiza o desenvolvemento e a cooperación dixital coas entidades locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta analiza o desenvolvemento e a cooperación dixital coas entidades locais

Redacción
Publicado: 13/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

251013_pte_consello_reunion_dcs_05.jpgA Xunta impulsa a dixitalización dos concellos galegos mediante un catálogo de servizos tecnolóxicos dispoñibles sen custo para as entidades locais. O investimento anual destinado a este modelo de gobernanza compartida supera os 4,6 millóns de euros, dos cales un 34,76 % se dedica á ciberseguridade, un 40,17 % ao desenvolvemento de sistemas e servizos dixitais e un 25,08 % á rede de aulas CeMIT, que favorece a capacitación dixital da cidadanía.
O Consello da Xunta analizou hoxe un informe sobre o avance destes servizos e as liñas de cooperación coas entidades locais. Actualmente, todos os concellos e deputacións de Galicia empregan en maior ou menor medida algunha das ferramentas incluídas no catálogo autonómico, que non supón custo adicional para eles. Ata agora, o acceso realizábase mediante adhesión a diferentes convenios, pero proximamente se asinará un novo acordo coa FEGAMP que reunirá nun único documento os servizos que antes se recollían por separado.
Os 313 concellos galegos teñen acceso á Rede corporativa da Xunta, á Historia social única electrónica e ao sistema SIGAD para a xestión de axudas á dependencia. A maioría tamén emprega o Sistema de información de usuarios de servizos sociais e o Rexistro de licenzas e autorizacións interurbanas de taxi. A Plataforma de contratos públicos de Galicia é utilizada por 259 entidades locais, mentres máis de 200 empregan servizos de identidade dixital e outras 200 participan na plataforma pasaXe!. Ademais, 124 administracións usan o sistema de licitación electrónica SiLEX e 76 realizan as súas notificacións a través de Notifica.gal.
Outros servizos destacados son o Catálogo colectivo da Rede pública de bibliotecas, empregado por 215 concellos e 273 centros de lectura, o Rexistro de informes de avaliación de edificios, usado por 136 concellos, o Rexistro das policías locais, con 110 entidades adheridas, e o sistema de xestión dos centros de información á muller, presente en 84 concellos.
A rede de aulas CeMIT, dispoñible en 90 municipios, completa esta oferta, orientada a mellorar as competencias dixitais da poboación. Ademais, a Xunta facilita o acceso a sistemas de outros organismos, como LexNet (xustiza), HERMES (atestados policiais), DICIREG (rexistro civil), INSIDE (documentación electrónica) ou as plataformas de consulta de proxectos dos colexios profesionais de arquitectos e aparelladores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?