Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Facebook recupera o seu servizo de ofertas de emprego nos EE.UU.
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Facebook recupera o seu servizo de ofertas de emprego nos EE.UU.

Redacción
Publicado: 13/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

facebook_local-jobs_detalle.jpgFacebook retirou en febreiro de 2023 a posibilidade de que os donos de negocios anunciasen ofertas de emprego (algo que podían facer dende 2017 dende EE.UU. e Canadá) e agora sorprenden co anuncio do regreso das ofertas de emprego a través dunha nova ferramenta que permitirá a mozos e adultos atopar traballos de nivel inicial e oportunidades laborais locais directamente en Facebook. As publicacións estarán dispoñibles para todos os usuarios maiores de 18 anos nos Estados Unidos e poderán consultarse en diferentes espazos da plataforma, como Marketplace, grupos e páxinas de empresas.
A nova sección, accesible dende a lapela de empregos no Marketplace, permitirá buscar ofertas filtrándoas por categoría, distancia ou tipo de contrato, ademais de ofrecer recomendacións personalizadas segundo o historial de navegación do usuario. Tamén se mostrarán publicacións en grupos locais centrados no emprego e nas páxinas de negocios que busquen persoal.
Facebook destaca que o seu obxectivo é «facilitar que as persoas se conecten coas pequenas empresas e coas oportunidades laborais da súa comunidade». Os candidatos poderán contactar directamente cos empregadores mediante Messenger para facer preguntas ou concertar entrevistas, e informarse sobre as empresas a través das súas páxinas oficiais.
As empresas, pola súa banda, poderán crear ofertas de emprego dende o Marketplace, dende a súa propia páxina ou mediante a Meta Business Suite, con instrucións dispoñibles nunha guía específica. Facebook aclara que certas categorías de traballos non son elixibles para seren publicadas (como as relativas a servizos para adultos, que teñan relación con drogas, que sexan discriminatorios ou que sexan ilegais).
Queda agora a incógnita de se este relanzamento suporá a chegada do servizo a Europa, onde o Marketplace de Facebook ten moita forza, e a integración de ofertas de emprego podería ter un impacto significativo (e posiblemente captaría moita atención dos reguladores da competencia).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?