Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os estudantes universitarios poden gozar dun ano de balde do plan Google AI Pro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os estudantes universitarios poden gozar dun ano de balde do plan Google AI Pro

Redacción
Publicado: 13/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

google_ia_1_ano_estudantes.jpgGoogle anunciou unha nova iniciativa coa que pretende achegar a súa tecnoloxía de IA ao estudantado universitario de España sen custo económico. Ofrece de balde durante un ano o plan Google AI Pro, que permite acceder ás versións máis avanzadas das súas ferramentas de IA, incluído o modelo Gemini 2.5 Pro, co obxectivo de que os estudantes poidan mellorar a súa creatividade, afondar nas súas aprendizaxes e prepararse para o mercado laboral do futuro.
Os maiores de 18 anos poden rexistrarse ata o 9 de decembro para obter un plan gratuíto de doce meses que inclúe acceso ampliado a Gemini 2.5 Pro, Deep Research, NotebookLM, o xerador de vídeo Veo 3, a ferramenta de imaxe Nano Banana e 2 terabytes de almacenamento en Google Fotos, Drive e Gmail.
gemini_live__estudantes.jpg Google subliña que a intelixencia artificial pode facilitar o acceso ao coñecemento en todo o mundo, permitindo que calquera persoa aprenda o que desexe con máis profundidade. Para iso, desenvolveu o modo de aprendizaxe guiada en Gemini, que actúa como un titor virtual capaz de acompañar o alumno paso a paso na resolución de problemas matemáticos, na redacción de ensaios ou na preparación de exames.
A compañía destaca tamén o potencial creativo destas ferramentas. Co novo modelo Nano Banana é posible reimaxinar fotografías, crear prototipos ou deseñar conceptos visuais, mentres que con Veo 3 os usuarios poden transformar textos e imaxes en clips cinematográficos de ata oito segundos, útiles para proxectos audiovisuais ou presentacións.
Paralelamente, Google ampliou o acceso ás súas solucións para docentes a través de Gemini for Education, dispoñible sen custo adicional en todas as edicións de Google Workspace for Education. Esta versión incorpora máis de trinta novas funcións pensadas para mellorar a planificación, a creación de contidos e a eficiencia nas aulas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?