Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PremiumFiber será a empresa de fibra óptica froito da colaboración entre MasOrange e Vodafone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PremiumFiber será a empresa de fibra óptica froito da colaboración entre MasOrange e Vodafone

Redacción
Publicado: 13/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premium_fiber_logo.jpgMasOrange, Vodafone España e o fondo soberano de Singapur GIC presentan PremiumFiber, a nova marca coa que operará a maior compañía de fibra óptica do Estado, froito do acordo alcanzado entre as tres entidades o pasado mes de agosto. A empresa aspira a converterse no socio tecnolóxico de referencia para todos os clientes, ofrecendo un servizo de calidade superior.
PremiumFiber estará participada por MasOrange cun 58 %, Vodafone España cun 17 % e GIC cun 25 %. As dúas operadoras achegarán conxuntamente arredor de doce millóns de unidades inmobiliarias e preto de cinco millóns de clientes á nova sociedade, que dedicará a súa rede en exclusiva a ambos operadores, mantendo cada un as infraestruturas achegadas. A operación está pendente das autorizacións regulatorias correspondentes e prevese que o seu peche se produza no último trimestre do ano.
blanca_cenha.jpg A dirección de PremiumFiber estará encabezada por Blanca Ceña como conselleira delegada. Enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid, Ceña conta cun MBA da EOI e estudos de posgrao en ESADE. Ao longo de máis de tres décadas no sector das telecomunicacións, desempeñou cargos de máxima responsabilidade, entre eles o de presidenta e CEO de Vantage Towers e directiva en Vodafone España.
Xunto a ela, o equipo directivo estará formado por profesionais de ampla traxectoria: Juan Luis Delgado, director xeral legal e secretario do Consello (anteriormente en MasOrange e Grupo MásMóvil); Rafael Casquel, director financeiro (procedente de Totem Spain e Orange España); e Norberto Ojinaga, director xeral de tecnoloxía (con experiencia en MasOrange, Grupo MásMóvil e Euskaltel).
A rede de PremiumFiber achegará vantaxes substanciais aos clientes de MasOrange e Vodafone, ofrecendo un servizo de carácter VIP cunha infraestrutura deseñada para o futuro. Permitirá unha conectividade de alta fiabilidade e estabilidade, velocidades máximas en fogares e empresas, baixa latencia para unha mellor experiencia dixital (especialmente no ámbito do gaming) e os máis altos estándares de seguridade grazas á integración das tecnoloxías máis avanzadas.
A compañía contribuirá ademais á modernización e dixitalización do país, dotando a ambos operadores dunha rede FTTH de referencia, mellorando a eficiencia operativa e sentando as bases para a continua evolución das redes e dos servizos. A súa maior escala, a presenza de dous clientes sólidos e a capacidade de investimento facilitarán a adopción rápida de tecnoloxías de vangarda como o estándar XGS-PON.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?