Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Netflix e Spotify colaborarán no ámbito dos videopodcasts
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Netflix e Spotify colaborarán no ámbito dos videopodcasts

Redacción
Publicado: 14/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aaaaquohv1l63r5m_khcogqfnxqy6nyl.jpgNetflix e Spotify anunciaron un acordo histórico que levará algúns dos videopodcast máis populares de The Ringer e outras producións ao catálogo de ambas plataformas. A partir de comezos de 2026, títulos como The Bill Simmons Podcast, The Ringer NFL Show, The Rewatchables ou Conspiracy Theories poderán verse con vídeo tanto en Netflix como en Spotify, nun movemento que consolida a converxencia entre o streaming audiovisual e o podcasting.
A alianza abrangue contidos de deporte, cultura, cociña, música e true crime. Entre os programas deportivos figuran The Bill Simmons Podcast, The Zach Lowe Show, The McShay Show, Fairway Rollin’, The Mismatch, The Ringer F1 Show, The Ringer Fantasy Football Show, The Ringer NFL Show e The Ringer NBA Show. No ámbito cultural e de estilo de vida estarán The Rewatchables, The Big Picture, The Dave Chang Show, Recipe Club e Dissect, mentres que a categoría de true crime incluirá Conspiracy Theories e Serial Killers.
the_rewatchables.jpg «En Netflix sempre buscamos novas formas de entreter os nosos subscritores, onde e como queiran ver», explicou Lauren Smith, vicepresidenta de Licenzas de Contido e Estratexia de Programación da compañía. «A medida que os videopodcast seguen gañando popularidade, a nosa colaboración con Spotify permítenos ofrecer versións completas en vídeo destes programas a ambas audiencias. Desde a cultura pop e o estilo de vida ata o deporte e o crime real, esta selección engade voces frescas e novas perspectivas que fan a nosa oferta máis emocionante ca nunca».
Pola súa parte, Roman Wasenmüller, vicepresidente e responsable de podcast en Spotify, sinalou que «esta asociación marca un novo capítulo para o podcasting. Xunto con Netflix, ampliamos as posibilidades de descubrimento, axudamos os creadores a chegar a novos públicos e damos aos fans de todo o mundo a oportunidade de vivir as historias que adoran e descubrir favoritas inesperadas. Isto ofrece máis opcións aos creadores e abre unha nova oportunidade de distribución».
Os videopodcast estarán dispoñibles nos Estados Unidos a comezos de 2026, e chegarán a outros mercados nunha fase posterior, dando a entender como auténticos xigantes como son Netflix e Spotify son quen de unir forzas con tal de non deixar que YouTube monopolice un formato audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?