Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google avanza na xeración de vídeo con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google avanza na xeración de vídeo con IA

Redacción
Publicado: 15/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

veo_3_1_candea.jpgGoogle anunciou hoxe a chegada de Veo 3.1, a nova versión do seu modelo de vídeo que ofrece unha maior calidade audiovisual, un realismo mellorado e un control narrativo máis preciso, no que parece unha resposta ao éxito de Sora 2, que está a ter grande viralidade nos EE.UU.
A actualización chega acompañada de novas ferramentas dentro de Flow, a aplicación de creación cinematográfica con intelixencia artificial, que xa superou os 275 millóns de vídeos xerados desde o seu lanzamento hai cinco meses.
A principal novidade de Flow é a incorporación de audio xerado por IA en funcións como Ingredients to Video, Frames to Video e Extend, que agora permiten construír escenas completas con narración e son. Con Ingredients to Video pódese combinar varias imaxes de referencia para definir personaxes, obxectos e estilos visuais; Frames to Video permite unir dúas imaxes para xerar unha secuencia fluída que sirva de transición; e Extend posibilita ampliar a duración dos vídeos máis aló do minuto mantendo a continuidade coa última escena creada.
Xunto a estas melloras, Flow incorpora tamén novas opcións de edición máis precisas. A función Insert posibilita engadir elementos novos a unha escena, desde detalles realistas ata criaturas imaxinarias, mentres que a opción de eliminación automática, que se engadirá en breve, permitirá retirar obxectos ou personaxes non desexados e reconstruír o fondo de maneira natural.
Veo 3.1 representa un salto cualitativo respecto á versión anterior, con mellor adhesión ás ordes dos prompts, unha representación máis fiel das texturas e un tratamento de son máis rico e inmersivo. O modelo está dispoñible tanto na aplicación Flow como a través da Gemini API para desenvolvedores, Vertex AI para empresas e a propia aplicación Gemini.


Vídeo promocional de Veo 3.1

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?