Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hornetsecurity reforza a súa aposta pola ciberseguridade de empresas e administracións galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Hornetsecurity reforza a súa aposta pola ciberseguridade de empresas e administracións galegas

Redacción
Publicado: 16/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aslan_1760083725851-540px.gifA compañía de solucións de ciberseguridade Hornetsecurity presentou en Santiago de Compostela as súas últimas innovacións baseadas en intelixencia artificial no marco do Tour Tecnolóxico 2025 organizado pola asociación ASLAN. A cita coincidiu coa súa participación no Encontro Internacional de Seguridade da Información (ENISE), celebrado en León, reforzando así a súa presenza no ámbito empresarial e institucional español.
A firma, que busca achegar a súa estratexia de ciberseguridade ás empresas e administracións públicas de todo o país, destacou o papel da intelixencia artificial como aliada esencial para combater unhas ameazas cada vez máis sofisticadas. «A irrupción da IA aumentou o volume e a complexidade dos ataques, polo que é fundamental que saibamos aproveitar as vantaxes desta tecnoloxía para facerlles fronte e estar mellor protexidos», sinalou Carlos Vieira, director de Hornetsecurity para Iberia, Italia e América Latina.
Entre as súas solucións destaca AI Cyber Assistant, un asistente de seguridade que automatiza a detección e resposta fronte a ameazas mediante ferramentas como Email Security Analyst (que substitúe o análise manual tradicional) e Teams Protection, capaz de examinar as conversas e imaxes compartidas en Microsoft Teams en busca de logotipos, códigos QR ou textos sospeitosos empregados en ataques de phishing. Outro dos servizos presentados foi AI Recipient Validation, que emprega IA para detectar destinatarios incorrectos ou advertir sobre mensaxes que conteñen información confidencial.
fernandomartinez_hornet.jpg Segundo explicou Fernando Martínez González, responsable de contas clave de Hornetsecurity, «estamos vendo un claro incremento do interese pola ciberseguridade en Galicia, especialmente pola oportunidade que ofrece a IA para a protección dos entornos empresariais». O directivo advertiu ademais dun aumento dos ataques baseados en phishing impulsado por intelixencia artificial e lembrou que, segundo o Ransomware Report 2025 elaborado pola compañía, o 77 % dos directores de seguridade perciben esta ameaza en crecemento.
ransomware-survey-es-1.jpg Martínez subliñou tamén a importancia da formación e a concienciación como ferramentas clave ante este escenario: «Un 24 % das empresas xa foi vítima dun ataque de ransomware no que vai de 2025, fronte ao 18,6 % de 2024. Neste contexto, os empregados deben converterse na primeira devasa fronte ás ameazas, especialmente cando traballan desde dispositivos persoais ou redes pouco protexidas».
Con esta presenza en Galicia, Hornetsecurity busca consolidar a súa aposta por un ecosistema dixital máis seguro e resiliente, no que a intelixencia artificial se converta nunha aliada esencial para anticipar riscos e reducir o impacto dos ciberataques.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?