Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telea facilita o seguimento de máis de 23 mil pacientes crónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telea facilita o seguimento de máis de 23 mil pacientes crónicos

Redacción
Publicado: 16/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

251016_sanidde_cmision5-0.jpgO xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, destacou hoxe no Parlamento que máis de 23.000 pacientes crónicos son monitorizados actualmente a través da plataforma tecnolóxica Telea, implantada en todas as áreas sanitarias galegas. Esta ferramenta permite o seguimento de patoloxías como a insuficiencia cardíaca, a EPOC, a diabetes, enfermidades oncolóxicas, procesos postcirúrxicos ou coidados paliativos, e está plenamente integrada na historia clínica electrónica e no portal E-Saúde.
Na súa comparecencia na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento, Parada salientou que Telea é un dos piares da transformación dixital do sistema sanitario galego, contribuíndo a mellorar a calidade asistencial, a eficiencia e a vida cotiá de milleiros de persoas que requiren atención continuada.
20251016-xerente-sergas-parlamento1.jpg Segundo explicou, os pacientes dispoñen de dispositivos de monitorización continua que permiten recibir datos clínicos en tempo real, sen necesidade de rexistros manuais. Cada día o Sergas recibe máis de 380.000 biomedidas, e o volume de información segue a medrar: en 2024 superáronse os 44 millóns de variables clínicas, e neste 2025 xa se pasaron os 100 millóns.
Esta actividade é posible grazas á integración dos dispositivos médicos coa historia clínica electrónica, o que facilita aos profesionais unha visión completa e actualizada do estado de saúde de cada persoa. Galicia é, neste ámbito, un referente europeo, con integración efectiva na historia clínica de cinco provedores de monitorización cardíaca, dous de control continuo da glucemia, tres de bombas de infusión e un provedor de hemodiálise domiciliaria.
Dentro da estratexia de evolución tecnolóxica de Telea, están en marcha dúas novas licitacións financiadas pola Unión Europea a través dos Fondos de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A primeira, cun importe superior a 500.000 euros, destinarase á integración de novos dispositivos (como sensores de pulso con pletismografía, respiradores domiciliarios e sistemas de diálise) que mellorarán a interoperabilidade cos sistemas de información sanitarios. A segunda, de 484.000 euros, céntrase no desenvolvemento de algoritmos avanzados para a xestión de pacientes con diabetes, dentro do proxecto eDiabetes, un modelo de medicina personalizada que permitirá avaliar riscos cardiovasculares, detectar hipoglucemias e predicir a evolución clínica de cada persoa.
Parada subliñou que Telea non é só unha plataforma tecnolóxica, senón un novo modelo asistencial que reduce reingresos hospitalarios evitables, mellora o control dos pacientes crónicos complexos e evita desprazamentos innecesarios tanto de usuarios como de profesionais. Tamén favorece o traballo conxunto entre atención primaria e hospitalaria, fortalecendo a continuidade asistencial.
Recoñecida pola Comisión Europea como boa práctica en atención primaria, Telea forma parte do proxecto europeo CIRCE, no que Galicia exerce un papel de liderado transferindo este modelo a outras rexións europeas. A folla de ruta do Sergas pasa por ampliar o seu alcance a ámbitos como a saúde mental, a rehabilitación ou a fraxilidade, así como por seguir incorporando solucións baseadas en intelixencia artificial clínica e consolidar a colaboración con outros sistemas sanitarios europeos.
O xerente concluíu salientando que Galicia está a construír unha sanidade dixital centrada nas persoas, onde a tecnoloxía non substitúe o contacto humano, senón que o reforza, permitindo dedicar máis tempo ao acompañamento, á prevención e á saúde da cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?