Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA provoca unha caída no número de visitas humanas á Wikipedia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA provoca unha caída no número de visitas humanas á Wikipedia

Redacción
Publicado: 17/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

impact_of_ai_a.jpgA Fundación Wikimedia advertiu dun descenso do 8 % nas visitas humanas á Wikipedia durante os últimos meses en comparación co mesmo período de 2024. A organización atribúe esta caída ao impacto da intelixencia artificial xerativa e ao cambio de hábitos informativos, con buscadores e redes sociais que ofrecen respostas directas aos usuarios sen redirixilos ás fontes orixinais.
O informe, asinado por Marshall Miller, explica que a revisión recente dos sistemas de detección de bots revelou un volume inusualmente alto de tráfico automatizado, especialmente procedente do Brasil. Estes bots estaban deseñados para parecer visitas humanas e inflaron temporalmente as estatísticas de visualización entre maio e xuño de 2025. Unha vez corrixidos os datos, confirmouse a tendencia á baixa no número real de lectores humanos.
paxinas_vistas_wikipedia.jpg A Fundación lembra que, malia esta diminución, Wikipedia continúa a ser unha das principais fontes de coñecemento en liña e un recurso esencial para buscadores, modelos de linguaxe e plataformas sociais que se alimentan do seu contido. Con todo, advirte de que a dependencia crecente destas tecnoloxías pode afectar á sustentabilidade do proxecto, xa que menos visitas supoñen tamén menos doazóns e menos voluntarios dispostos a mellorar os artigos.
A organización está a reforzar as medidas para garantir un uso responsable do seu contido, mediante novas políticas de acceso e colaboracións a través de Wikimedia Enterprise. Ademais, puxo en marcha equipos específicos para mellorar a experiencia dos lectores e atraer novos públicos, especialmente entre as xeracións máis novas que consumen información en plataformas como YouTube, TikTok ou Instagram.
A Fundación Wikimedia insiste en que as empresas que empregan datos de Wikipedia deben recoñecer a súa orixe e fomentar que os usuarios visiten directamente o sitio e confía en que, con novos formatos e coa colaboración da comunidade, o proxecto siga garantindo o acceso universal a información libre e verificable para as vindeiras xeracións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?