Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Numerosos servizos en liña fallan a nivel mundial por mor dunha incidencia en AWS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Numerosos servizos en liña fallan a nivel mundial por mor dunha incidencia en AWS

Redacción
Publicado: 20/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20251020_downdetector.jpgEsta mañá Amazon Web Services (AWS) sufriu unha caída masiva que afectou a centos de servizos dixitais en todo o mundo, provocando interrupcións en plataformas tan populares como Alexa, Snapchat, Canva, Airtable, Perplexity ou mesmo videoxogos como Fortnite. A incidencia, centrada inicialmente na rexión US-EAST-1, estendeuse a outras zonas, xerando un colapso global en servizos que dependen da infraestrutura da nube de Amazon.
Segundo o panel de estado de AWS, os primeiros problemas detectáronse ás 9:11 horas, cando se comezaron a rexistrar taxas elevadas de erro e elevadas latencias en múltiples servizos. A compañía comunicou que estaba a investigar o motivo e traballando para mitigar os efectos. Na actualización publicada ás 11:27, Amazon indicou que xa se observaban signos significativos de recuperación, aínda que persistía unha acumulación de solicitudes pendentes.
A magnitude da interrupción puxo de manifesto a dependencia crítica que moitas empresas e aplicacións teñen da infraestrutura de AWS. O asistente virtual Alexa deixou de responder, as rutinas programadas non funcionaban e os usuarios de Reddit informaban de fallos xeneralizados. Plataformas como Perplexity confirmaron que a súa caída estaba directamente relacionada co fallo de AWS, segundo declarou o seu director xeral, Aravind Srinivas, na rede social X.
Esta non é a primeira vez que AWS experimenta problemas de gran alcance. Incidentes similares na mesma rexión afectada xa se produciron en 2020, 2021 e 2023, provocando interrupcións prolongadas en multitude de servizos. A repetición destes eventos abre interrogantes sobre a resiliencia da infraestrutura da nube e a necesidade de alternativas ou medidas de contención máis robustas por parte das empresas que dependen dela.

ACTUALIZACIÓN: Dende Redsys confirman ter unha incidencia (que non parece relacionada con AWS), que provocou «unha caída temporal e parcial debido a un problema na infraestrutura de comunicacións», asegurando que o incidente foi «detectado e solucionado» de xeito que os seus servizos estarían en recuperación. A incidencia tería afectado a pagamentos en establecementos comerciais, ao uso de caixeiros automáticos e incluso aos intercambios económicos a través de Bizum.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?