Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: X fará negocio cos nomes de usuario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

X fará negocio cos nomes de usuario

Redacción
Publicado: 20/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

x_nomes_de_usuario_inactivos.jpgX (a antiga Twitter) anunciou que está a ultimar o X Handle Marketplace, unha nova plataforma que permitirá redistribuír nomes de usuario inactivos. O sistema, que xa abriu a súa listaxe de agarda, estará dispoñible inicialmente para subscritores de Premium+ e de Premium Business con acceso total, que poderán solicitar ou adquirir nomes de usuario non utilizados, tanto de forma gratuíta como mediante pagamento.
A iniciativa pretende regular o mercado paralelo de contas e evitar o uso indebido de nomes valiosos. Os subscritores elixibles poderán explorar nomes inactivos, rexistrar o seu interese ou participar en eventos de lanzamento de identificadores pouco comúns. A plataforma distinguirá entre dous tipos principais de nomes: Os prioritarios estarán dispoñibles sen custo adicional para os subscritores de pagamento e adoitan incluír nomes completos, combinacións alfanuméricas ou frases curtas, como @GabrielJones ou @ParadoxAI; e os raros, pola súa banda, asociaranse a palabras xenéricas ou con relevancia cultural, como @Pizza, @Tom ou @One, e só se poderán conseguir en liberacións limitadas ou mediante compra directa con invitación, con prezos que poderán variar entre 2 500 dólares e cifras de sete díxitos segundo a súa popularidade ou brevidade.
Segundo a información publicada por X, as solicitudes de nomes prioritarios revisaranse nun prazo de tres días laborables e non implicarán cambios nos seareiros nin nas publicacións do usuario. Se a subscrición se cancela ou se rebaixa, o nome anterior recupérase automaticamente. A compañía xustifica que non libera nomes inactivos para o público xeral co obxectivo de evitar o spam e o uso indebido por bots, e advirte de que a venda ou transferencia fóra da plataforma está prohibida e pode derivar na suspensión da conta.
Os interesados poden unirse á listaxe de agarda para reservar o nome que desexen, mentres X anuncia que o acceso ao marketplace se ampliará progresivamente a máis usuarios nas vindeiras semanas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?