Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorenzana destaca o éxito das axudas para incorporar a IA ás empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorenzana destaca o éxito das axudas para incorporar a IA ás empresas

Redacción
Publicado: 21/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

21102025lorenzanaapd2.jpgA conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que a innovación continuará a ser unha peza clave nos Orzamentos da Xunta do vindeiro ano, que incluirán unha nova edición do programa IA360, a primeira convocatoria de axudas en Galicia para incorporar a intelixencia artificial nas empresas, que resultou todo un éxito.
Lorenzana participou na inauguración do I Gran Foro de Innovación e Emprendemento, onde lembrou que a principal liña deste programa de axudas (para a creación de novos produtos ou servizos a través da IA) pechou o pasado mes de abril cun récord de solicitudes, un total de 117, o que obrigou a duplicar o seu orzamento inicial de cinco millóns e medio a case once millóns de euros.
21102025lorenzanaapd1.jpg En total, explicou, resultaron beneficiados 82 proxectos empresariais cunha axuda media de 131 000 euros e unha mobilización de máis de vinte e un millóns e setecentos mil euros de investimento total. O sector TIC concentra o 43 % das propostas, seguido do alimentario, a enxeñaría, a biotecnoloxía, a saúde, a enerxía e a loxística. As outras dúas liñas deste paquete de axudas (dirixidas á implantación de solucións comerciais de IA e proxectos de xestión de datos, así como a accións formativas) manteñen aberto o prazo de solicitude ata o 31 de outubro.
A conselleira salientou que Galicia conta cun sistema de innovación e emprendemento cada vez máis dinámico e consolidouse como o sexto polo de innovación e emprendemento de España, só por detrás de Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, País Vasco e Andalucía. Conta con 388 empresas tecnolóxicas e innovadoras, un 26 % máis que o ano anterior, das cales 229 son startups, o que supón un incremento do 44 % respecto de 2024. Estas compañías xeran preto de 2.900 empregos cualificados e superan os 290 millóns de euros de facturación anual.
21102025lorenzanaapd3.jpg Neste contexto, Lorenzana incidiu en que «empresa e Administración non son dous equipos diferentes, senón un só». E, baixo esa premisa, destacou o labor que desenvolve a Oficina Económica de Galicia, con case 30 000 consultas en ano e medio de funcionamento, «para poñerlle as cousas fáciles ás empresas».
«Os proxectos empresariais que crecen, nacen ou se instalan en Galicia son outro plebiscito en favor da economía galega e un recoñecemento á nosa estabilidade política, social e institucional», subliñou, para engadir: «É certo que en Galicia aínda existen sectores minoritarios que, diante de calquera iniciativa industrial, reaccionan en contra. Aínda que fagan ruído no presente, pertencen ao pasado e teñen pouco sitio no futuro».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?