Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha nova ferramenta de IA permite deseñar proteínas cunha única CPU
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha nova ferramenta de IA permite deseñar proteínas cunha única CPU

Redacción
Publicado: 21/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cesar_de_la_fuente_horizontal2.jpgA revista Nature Machine Intelligence publica hoxe un traballo da Universidade de Pensilvania que podería marcar un antes e un despois na investigación biomédica. O equipo do investigador galego César de la Fuente desenvolveu unha ferramenta chamada Key-Cutting Machine (KCM) que permite deseñar proteínas e péptidos complexos sen necesidade de supercomputadores, empregando unicamente unha CPU ou GPU estándar.
O sistema baséase nun algoritmo que funciona como unha copiadora de chaves: analiza a forma dunha estrutura proteica e corta novas secuencias de aminoácidos para que encaixen perfectamente nela. Segundo explica De la Fuente, «con KCM creamos unha plataforma que funciona con hardware común e ofrece resultados de última xeración no deseño de proteínas e péptidos».
nature_machine_intelligence_portada.jpg A investigación, asinada polo Machine Biology Group da Universidade de Pensilvania, demostra que KCM pode substituír os custosos modelos xerativos empregados habitualmente na descuberta de fármacos por un marco de optimización lixeiro e transparente. Ademais, permite introducir restricións medibles directamente no proceso de deseño e executar os cálculos nun só dispositivo.
Os resultados son prometedores: partindo dun péptido antimicrobiano coñecido, KCM xerou variantes con alta actividade in vitro e eficacia in vivo, reducindo ata cen veces a carga bacteriana de Acinetobacter baumannii en modelos murinos de infección. Estas novas moléculas amosaron unha eficacia comparable á da polimixina B e á levofloxacina, con boa tolerabilidade.
A combinación de precisión e accesibilidade converte KCM nunha ferramenta potencialmente revolucionaria para laboratorios pequenos, startups e centros educativos, con aplicacións que van da medicina á ciencia de materiais ou a bioloxía sintética.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?