Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae brinda en novembro un curso centrado nas funcionalidades de protección de Microsoft Purview
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae brinda en novembro un curso centrado nas funcionalidades de protección de Microsoft Purview

S. P.
Publicado: 21/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

purview_vitae_1.jpgA consultora galega Vitae, referente estatal en formación tecnolóxica avanzada, vai organizar este mes de novembro un novo curso para profesionais TI que achega importantes recursos en materia de ciberseguridade: o curso Microsoft Purview (MIP DLP): Protección da Información e Prevención de Perda de Datos. Terá unha duración de 12 horas e celebrarase os días 7, 14, 21 e 28 de novembro de 2025.
Segundo informa Vitae para poñernos en contexto sobre as orixes e obxectivos desta formación, Microsoft Purview converteuse a día de hoxe na solución central da compañía norteamericana para a protección da información, a prevención de perda de datos e o cumprimento normativo en contornas Microsoft 365 e Azure.
purview_vitae.jpg Este curso ofrece, en palabras de Vitae, “unha visión práctica e avanzada sobre o uso das ferramentas de Microsoft Information Protection (MIP) e Data Loss Prevention (DLP) integradas na plataforma Purview”.
A través dun enfoque técnico e aplicado, o alumnado aprenderá a despregar, configurar e auditar políticas de protección e prevención en múltiples contornas, incluíndo M365, Endpoints, Power BI, Teams e File Servers. Aprenderase a asegurar e auditar a información sensible contida nas Ferramentas de M365 como Word, Excel, Outlook, Teams, Power BI, etc… ademais de analizar e controlar as fugas de información confidencial e clasificada como estratéxica para a empresa.
Obxectivos
-Comprender a arquitectura de Microsoft Purview e o seu enfoque na xestión e protección da información.
-Configurar etiquetas de confidencialidade e políticas de protección (MIP).
-Despregar e xestionar políticas de prevención de perda de datos (DLP) en múltiples contornas.
-Integrar Microsoft Purview con ferramentas como Power BI, Teams, File Servers, e Copilot M365.
-Auditar actividades e xestionar alertas mediante Activity Explorer, Audit Logs e Defender.
-Coñecer configuracións avanzadas con PowerShell e recomendacións de despregamento.
O curso achegarase a través da aula virtual de Vitae con sesións gravadas para podermos consultalas de forma ilimitada unha vez finalizado o curso.
purview_confidential_vitae_consultores.jpgOs contidos serán impartidos por Ángel Aguado, consultor sénior en ciberseguridade e cumprimento normativo, ademais de especialista en Microsoft Purview, DLP e Protección da Información. É enxeñeiro de Telecomunicacións e actualmente consultor sénior na área de Ciberseguridade de Repsol, onde lidera a estratexia de protección da información dentro do equipo de Control e Cumprimento. A súa traxectoria profesional está centrada na aplicación de solucións avanzadas de clasificación de datos, cifrado, prevención de perda de información (DLP), auditoría, etiquetaxe e seguridade na nube, especialmente en contornas Microsoft 365 e Azure mediante a plataforma Microsoft Purview. Con máis de 5 anos de experiencia especializada en protecciónd e datos e privacidade, traballou previamente como consultor en Deloitte, participando e liderando proxectos para grandes organizacións nacionais e internacionais. Durante a súa etapa en Deloitte, formou parte de equipos dedicados ao despregamento de solucións de clasificación de datos, políticas de prevención de fugas, automatización de controis de cumprimento e análise funcional de tecnoloxías como MIP e DLP.
No seu posto actual en Repsol, Ángel encárgase tamén da automatización e reporting de controis de ciberseguridade, o que lle deu experiencia no uso de ferramentas GRC, arquitectura de informes e xestión do backlog de iniciativas de cumprimento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?