Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos xogar a Ninja Gaiden 4
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Xa podemos xogar a Ninja Gaiden 4

Redacción
Publicado: 21/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ninja_gaiden_4_14524843898704391.85a.jpgHoxe regresa o lendario hack and slash de acción de Team Ninja, Ninja Gaiden 4, cunha media de 82 puntos en Metacritic para Xbox Series X|S e PC, e de 81 na versión para PlayStation 5, o que supón unha magnífica nova para os amantes do xénero que tende a ser moi irregular. O xogo está dispoñible en Xbox Game Pass e a Microsoft Store, en Steam e na PlayStation Store.
A nova entrega introduce a Yakumo, un mozo prodixio ninja cuxo destino se entrelaza co do mítico Ryu Hayabusa. Con el, a serie renova o seu estilo sen perder a esencia que a converteu nun referente da acción intensa e milimétrica. O sistema de combate clásico regresa máis rápido e espectacular ca nunca, con novas técnicas, transformacións de armas mediante o chamado ninjutsu de vínculo de sangue e os movementos icónicos da saga, como o Salto de Izuna ou a Golondrina voadora.
Ninja Gaiden 4 destaca tamén pola súa colaboración creativa entre Team Ninja e PlatinumGames, que achega un estilo visual refinado e unha experiencia de combate que recompensa tanto a precisión coma a estratexia. O xogo ofrece múltiples niveis de dificultade para veteranos e novos xogadores, e recupera a figura de Ryu Hayabusa cun conxunto de habilidades renovado.
09cd47bd-d0ad-4429-87e4-16acab1c.jpg A historia lévanos a un Tokio futurista asolado por unha choiva de miasma e pola resurrección dun antigo inimigo. Entre exércitos de soldados cibernéticos e criaturas sobrenaturais, Yakumo e Hayabusa deberán enfrontarse a unha maldición ancestral que ameaza con destruír a cidade.
Ninja Gaiden 4 promete unha experiencia vertixinosa e visualmente impactante que mestura tradición e modernidade nun novo capítulo dunha das sagas máis respectadas do xénero, e que nos últimos días está a ser moi recordada polo pasamento do responsable da súa modernización, Tomonobu Itagaki.


Tráiler de lanzamento de Ninja Gaiden 4

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?