Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As plantas volverán defendernos dos zombis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

As plantas volverán defendernos dos zombis

Redacción
Publicado: 22/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ss_c91b72b9b68246a609e8e8eae208c.jpgElectronic Arts anunciou oficialmente o lanzamento de Plants vs. Zombies: Trasplantado, unha remasterización do tower defense de 2009 que chegará este xoves. A nova versión, desenvolvida por PopCap Games en colaboración con The Lost Pixels, promete recuperar a esencia do xogo que marcou unha xeración, agora con gráficos en alta definición, novos modos de xogo e contido inédito.
Trasplantado mantén o sistema de defensa por liñas que fixo famoso ao título, no que os xogadores deben deter hordas de zombis empregando un arsenal de plantas con habilidades únicas. A remasterización inclúe niveis adicionais, minixogos clásicos como O salón de birlos e novos desafíos como Día anubrado e Descanse en paz, este último cunha dificultade extrema e morte permanente. Tamén se incorpora un modo cooperativo local e un modo xogador contra xogador, ambos dispoñibles a pantalla partida.
pvz_ss_01cb3a736faab7db3b0049c4f44f2.jpgO xogo estará dispoñible para Nintendo Switch, Nintendo Switch 2, PlayStation 4, PlayStation 5, Xbox One, Xbox Series X|S e PC, co que garanten que tanto os usuarios de consolas da xeración actual como os de sistemas anteriores poidan acceder á experiencia remasterizada, con gráficos en HD e novos modos de xogo adaptados a cada dispositivo.
Con esta entrega, Electronic Arts aposta pola nostalxia sen renunciar á modernización técnica e á expansión do universo PvZ. A editora promete unha experiencia renovada que honra os quince anos de historia da saga, dirixida tanto a veteranos coma a novos xogadores.


Tráiler de Plants vs. Zombies: Trasplantado

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?