Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os subscritores de Game Pass poderán gozar de Commandos: Origins e Football Manager 26
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Os subscritores de Game Pass poderán gozar de Commandos: Origins e Football Manager 26

Redacción
Publicado: 22/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xbox_gamepass_announcement_d3154d80369e1ed51ba2_detalle.jpgO servizo Xbox Game Pass continúa a reforzar a súa oferta con algunhas das incorporacións máis destacadas do outono. Nas vindeiras semanas chegarán títulos moi esperados como The Outer Worlds 2, PowerWash Simulator 2 e Football Manager 26, xunto con novas propostas de acción, estratexia e simulación que amplían o abano de estilos dispoñibles para os subscritores.
Entre as novidades máis inmediatas destacan Commandos: Origins e Microsoft Flight Simulator 2024, xa dispoñibles tanto en consola como en PC e na nube. O primeiro recupera a clásica saga de infiltración e estratexia con versión cooperativa para dous xogadores, mentres que o novo simulador de voo de Microsoft ofrece un realismo sen precedentes, carreiras aéreas e misións dinámicas para quen busque unha experiencia profesional.
O 23 de outubro chegarán dúas incorporacións de lanzamento. PowerWash Simulator 2 volve cunha proposta de limpeza relaxante que engade novos escenarios, equipos e funcións cooperativas, mentres que Bounty Star combina combate con mechas, personalización e tarefas agrícolas nunha historia protagonizada por Clem, unha veterana de guerra en busca de redención.
Dous días máis tarde, o 24 de outubro, estrearase Super Fantasy Kingdom, un roguelite de construción e defensa dispoñible inicialmente en acceso anticipado para PC. A finais de mes, o 28, será a quenda de Halls of Torment, un xogo de supervivencia con hordas ambientado en alxubes cheos de monstros e tesouros.
O lanzamento máis esperado chegará o 29 de outubro con The Outer Worlds 2, secuela do premiado xogo de rol de ciencia ficción desenvolvido por Obsidian Entertainment. A aventura levará os xogadores a unha nova colonia con personaxes inéditos, armas melloradas e unha historia chea de sátira e acción.
En novembro, o catálogo engadirá 1000xResist, unha aventura narrativa ambientada nun futuro distópico, e as novas entregas de Football Manager 26, tanto en PC como en consola. O simulador deportivo renóvase por completo grazas ao motor Unity e a unha interface redeseñada que promete maior inmersión e realismo nas partidas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?