Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un informe constata que a IA deturpa o contido informativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un informe constata que a IA deturpa o contido informativo

Redacción
Publicado: 23/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ebu-mis-bbc_news_integrity_in_ai_assistants_infographic_2025.jpgUnha investigación coordinada pola Unión Europea de Radiodifusión (EBU) e encabezada pola BBC, revelou que os asistentes de intelixencia artificial cometen erros significativos ao representar contido informativo en case a metade das súas respostas. O estudo, presentado na Asemblea de Noticias da EBU en Nápoles, contou coa participación de 22 medios públicos de 18 países e foi realizado en 14 linguas distintas.
Os resultados son contundentes: o 45% das respostas analizadas presentaban polo menos un problema relevante, xa fose de exactitude, atribución de fontes ou contextualización. En concreto, o 31 % tiña deficiencias graves na citación de fontes, mentres que o 20 % incluía información incorrecta ou inventada. Entre os asistentes avaliados (ChatGPT, Copilot, Gemini e Perplexity), Gemini destacou negativamente, con erros significativos no 76 % das respostas, principalmente por problemas de atribución.
A investigación subliña que estas deficiencias non son casos illados, senón que constitúen un patrón sistémico, transversal a idiomas, países e plataformas, o que pode ter un impacto social moi importante se atendemos a datos do Reuters Institute, que sostén que o 7 % dos consumidores de noticias en liña xa utilizan asistentes de IA como fonte principal, cifra que ascende ao 15 % entre os menores de 25 anos.
Como resposta, a EBU publicou un Kit de integridade informativa en asistentes de IA, que propón solucións tanto para mellorar as respostas dos asistentes como para fomentar a alfabetización mediática entre os usuarios. Ademais, a organización insta ás autoridades europeas e nacionais a aplicar as leis existentes sobre integridade informativa, servizos dixitais e pluralismo mediático, e aposta por un seguimento independente e continuado destes sistemas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?