Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xerme Ecommerce potencia o emprendemento no comercio electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xerme Ecommerce potencia o emprendemento no comercio electrónico

Redacción
Publicado: 23/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20251023sxerlxerme.jpgA Xunta clausura hoxe a segunda edición da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, creada para seguir impulsando o comercio electrónico no marco da Rede de polos de emprendemento e coa colaboración do Clúster do Ecommerce Galego. Preto dunha vintena de iniciativas participaron nesta edición, dirixida tanto a negocios do eido do comercio electrónico que precisan un novo pulo como a aqueles que deciden agora explorar as oportunidades de crecemento que ofrece a comercialización dixital.
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, foi o encargado de abrir o acto celebrado hoxe en Mesía, que será clausurado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño. Durante a xornada, os participantes presentan os seus proxectos ante empresas, institucións e profesionais do sector, nun encontro que tamén serve para favorecer o intercambio de ideas e a creación de novas colaboracións e sinerxías.
Entre as iniciativas participantes destacan as pertencentes ao sector servizos, seguidas das de artesanía e deseño, deporte, saúde e estética, así como alimentación. O 56% están lideradas por mulleres e o 44% por homes, e tamén se inclúen proxectos doutros ámbitos como a construción, a moda, o turismo ou o relacionado coa infancia.
Nesta segunda edición introducíronse dúas liñas formativas: unha de iniciación, destinada a persoas emprendedoras que comezan desde cero ou con escasa experiencia no eido dixital, e outra avanzada, orientada a quen xa ten presenza no comercio electrónico e busca reforzar a súa estratexia.
O programa ofreceu formación e mentorización especializadas a través de obradoiros, titorías personalizadas e sesións impartidas por profesionais do sector, co obxectivo de axudar a lanzar, xestionar e rendibilizar negocios en liña. Ademais, ampliouse o período de mentorías de dous a cinco meses e incrementouse o número de sesións respecto ao ano anterior, adaptando os contidos ás necesidades específicas de cada grupo.
Xerme Ecommerce forma parte da aposta da Xunta pola innovación e o emprendemento, potenciando o talento e a competitividade das empresas galegas mediante o impulso e a promoción do comercio electrónico. Ao tempo, fomenta a convivencia entre compañías nativas dixitais e negocios tradicionais con actividade online, propiciando a aprendizaxe e o crecemento compartido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?