Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Facebook, Instagram e TikTok incumpren as normas de transparencia fixadas por Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Facebook, Instagram e TikTok incumpren as normas de transparencia fixadas por Europa

Redacción
Publicado: 24/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

henna_virkkunen_p067550-348868.jpgA Comisión Europea comunicou hoxe as súas conclusións preliminares nas que considera que tanto TikTok como Meta poderían estar incumprindo as súas obrigas de transparencia establecidas pola Lei de Servizos Dixitais (DSA). En concreto, Bruxelas sinala deficiencias no acceso que conceden aos investigadores aos datos públicos das plataformas, así como nos mecanismos de notificación de contidos ilegais e nos procedementos de apelación de decisións de moderación de contidos en Facebook e Instagram.
Segundo a investigación da Comisión, Facebook, Instagram e TikTok estableceron procedementos e ferramentas excesivamente complexos para que os investigadores poidan solicitar acceso a datos públicos. Isto tradúcese, segundo Bruxelas, en información parcial ou pouco fiable, o que dificulta estudos sobre cuestións como a exposición de menores a contidos ilegais ou prexudiciais. O acceso a estes datos considérase unha das obrigas de transparencia fundamentais da DSA, xa que permite examinar o impacto real das plataformas na saúde física e mental da cidadanía.
No caso de Meta, a Comisión tamén apunta que nin Facebook nin Instagram dispoñen dun mecanismo de Notificación e Acción doadamente accesible para sinalar contidos ilegais, como material de abuso sexual infantil ou contido terrorista. O sistema actual, segundo Bruxelas, impón pasos innecesarios e emprega patróns escuros (deseños de interface enganosos) que poden confundir ou desanimar os usuarios, reducindo a eficacia destes mecanismos.
A DSA tamén recoñece o dereito dos usuarios da Unión Europea a recorrer decisións de moderación de contido cando se elimina unha publicación ou se suspende unha conta. Porén, os procedementos de apelación de Facebook e Instagram non permiten achegar explicacións nin probas adicionais, o que, segundo a Comisión, limita a posibilidade de que os usuarios argumenten adecuadamente a súa discrepancia.
Estas conclusións baséanse nunha investigación en profundidade realizada en cooperación coa Coimisiún na Meán, a autoridade irlandesa competente en materia de servizos dixitais. Bruxelas subliña que se trata de conclusións preliminares que non prexulgan o resultado final.
Agora, Facebook, Instagram e TikTok poden examinar a documentación da investigación e responder por escrito ás observacións da Comisión, así como adoptar medidas correctoras. O Consello Europeo de Servizos Dixitais será consultado en paralelo.
Se finalmente se confirma o incumprimento, a Comisión poderá ditar unha decisión de non conformidade e impoñer multas de ata o 6 % da facturación mundial anual das compañías, ademais de sancións periódicas para garantir o cumprimento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?