Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta declara proxecto estratéxico o novo CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta declara proxecto estratéxico o novo CESGA

Redacción
Publicado: 27/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

251027_pte_consello_dcs_03.jpgA Xunta de Galicia declarou hoxe o novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) como primeiro proxecto estratéxico de investigación pública da Comunidade, o que permitirá axilizar e simplificar ao máximo os trámites administrativos para que estea operativo no verán de 2026. Cun investimento global de 56 millóns de euros, o complexo contará con equipamentos de vangarda que se verán reforzados coa instalación da Fábrica de Intelixencia Artificial 1HealthAI, dotada con 82 millóns de euros.
Esta nova figura administrativa, creada polo propio Goberno galego, garante a tramitación preferente e urxente do proxecto, a súa prevalencia sobre o planeamento urbanístico, a exención de licenza municipal e a coordinación entre administracións. A súa aprobación segue á exposición pública, resolta sen alegacións e cos informes favorables necesarios, polo que a execución técnica e administrativa das obras poderá iniciarse de inmediato.
A actuación reforza o liderado de Galicia en supercomputación, tecnoloxías cuánticas e intelixencia artificial, consolidando a súa posición entre as rexións máis innovadoras de Europa e favorecendo a cooperación entre o ámbito investigador e o tecido empresarial. Ademais, a nova Fábrica 1HealthAI, centrada na saúde humana, animal e ambiental, situará Galicia na elite da investigación europea en IA e biotecnoloxía, favorecendo a captación de novos investimentos e o impulso da innovación.
A construción do novo edificio, situado no polígono da Sionlla en Santiago de Compostela, comezará nos vindeiros días cun investimento de 13 millóns de euros. Erixirase nunha parcela de máis de 9.100 metros cadrados, dos que 2.700 corresponderán ao edificio principal e 3.250 aos espazos exteriores. O centro albergará o supercomputador Finisterrae IV, un novo sistema de almacenamento e un computador cuántico cun investimento de 34 millóns de euros. Estes equipamentos multiplicarán a capacidade de cálculo e a xestión de datos do CESGA, complementando a actual sede universitaria e consolidando o seu papel como infraestrutura científica de referencia en Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?