Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FesTalent reúne este xoves no Campus de Ferrol a 50 firmas, entidades e asociacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FesTalent reúne este xoves no Campus de Ferrol a 50 firmas, entidades e asociacións

S. P.
Publicado: 27/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

impulsa-t_udc.jpgA terceira edición da Feira de Empresas e Talento FesTalent, promovida no marco do programa ImpúlsaT da Universidade da Coruña (UDC), reúne, este xoves 30 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas e de 15.00 a 18.30 horas, a 50 firmas, entidades e asociacións de distintos puntos de Galicia e de España no Pavillón Municipal de Esteiro da man, un ano máis, do Campus Industrial de Ferrol, en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e do Concello de Ferrol, por medio da Concellaría de Promoción Económica e Emprego.
Trátase, segundo informou a UDC, dunha iniciativa que pretende darlle visibilidade ás empresas e tecer pontes de contacto co alumnado universitario que está a buscar a súa primeira oportunidades laboral.
Participan nesta edición, Abance Ingeniería, Accenture, Acebrón Group, ALUMAN, Antea Group España y Latinoamérica, Applus+, Armada, CT Ingenieros, Detegasa, Elecnor, El Pulpo, FINSA, Fridama, Ghenova Ingeniería, Cándido Hermida, Grupo Gabadi, Grupo INTAF, Grupo JRILO, INVALL, INYCOM, Leroy Merlin, Nauterra (Grupo Calvo), Navantia S.A, Norvento Enerxía, PwC, Quest Global, Reganosa, Techno Pro Hispania Ekium, Tecnicas de Soft, S.A., VOLTAN (MMYPEM e TEIGA-TMI), TTalent, Qatro, Genesal Energy, ElectroRayma, Ibercisa, WindWaves e Gauzón Ibérica.
Tamén terán stand propio, o Colexio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG), o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR), o Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos (COIN), a Asociación Clúster Naval Gallego (ACLUNAGA), a Asociación de Industrial do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME), a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), a Asociación de Empresarios Novos de Ferrol, Eume e Ortegal (AJE Ferrolterra), a entidade da Fundación ONCE Inserta Empleo, o programa Xuventude Mentoring e o Servizo de Emprego da Universidade da Coruña (UDC).
A maiores, o público asistente, principalmente estudantado universitario e de ciclos de FP, poderá participar nos denominados Speed Job Dating, unha serie de encontros, de non máis de 15 minutos de duración, entre as empresas e as persoas candidatas buscando un match laboral en tempo récord. Con todo, as ofertas de prácticas e de traballo que ofertan as empresas participantes na feira estarán dispoñibles na plataforma do evento.
Como peche o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, ás 18.30 horas, a clase maxistral Constrúe hoxe o mañá que queres impartida polo director executivo (CEO) e fundador de Productividad Feroz, Miguel Navarro. Ao longo da sesión, o mentor, formador e empresarios afondará en como acertar e de como diferenciarte nun mercado onde moitas persoas compiten e poucas destacan.
Todas aquelas persoas interesadas en participar na feira terán que inscribirse previamente en liña. Unha vez realizado o rexistro recibirán un correo electrónico de confirmación cun código QR co que poderán acceder ao Pavillón Municipal de Esteiro. O evento está dirixido a alumnado universitario, de ciclos de Formación Profesional e ao público xeral interesado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?