Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Gaiás acollerá un foro de arte e cultura dixital con figuras de referencia internacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Gaiás acollerá un foro de arte e cultura dixital con figuras de referencia internacional

Redacción
Publicado: 27/10/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

sinte_cabe.jpgA Cidade da Cultura acollerá en novembro a primeira edición de SINTE. Foro internacional de arte e cultura dixital, un encontro que nace co propósito de crear un espazo de reflexión e diálogo arredor dos retos e oportunidades da creación dixital contemporánea. Impulsado pola Xunta de Galicia, SINTE reunirá en Santiago algunhas das voces máis destacadas deste ámbito, desde artistas e estudios ata especialistas en xestión cultural e representantes de espazos dedicados á exhibición e á creación.
materia-espectaculo-maotik.jpg Os días 20 e 21 de novembro, máis dunha vintena de figuras da escena nacional e internacional (procedentes de países como Francia, Italia, Portugal ou o Xapón) achegarán ao Gaiás a súa experiencia nun foro que, ademais de conversas e relatorios, incluirá espazos para vivir en primeira persoa propostas artísticas innovadoras. Poderase ver por vez primeira en Galicia Materia, un dos espectáculos audiovisuais en directo do artista bretón Maotik, que combina arte e ciencia nunha peza onde as imaxes xerativas e o deseño de son se sincronizan e manipulan en tempo real, evocando as transicións entre os diferentes estados da materia.
hiroaki-umeda1.jpg SINTE ofrecerá tamén unha dobre función do coreógrafo e bailarín xaponés Hiroaki Umeda, unha das figuras máis recoñecidas da vangarda escénica no seu país, cuxo traballo representa á perfección a integración entre danza, movemento e novas tecnoloxías. Desde 2002, Umeda presentou as súas creacións en máis de 150 cidades de 40 países, con actuacións en escenarios de referencia como o Teatro Nacional Chaillot de París.

Contidos
  • Procesos creativos e desafíos dos espazos culturais
  • Destacadas voces da creación dixital
  • Centro de artes dixitais

Procesos creativos e desafíos dos espazos culturais

bani-brusadin.jpgO programa inclúe dúas conferencias mestras centradas nos desafíos aos que se enfrontan artistas, estudios e institucións culturais nun momento no que as transformacións tecnolóxicas, os algoritmos e os espazos híbridos están a redefinir o paradigma da creación. SINTE abrirase cunha conferencia plenaria de Bani Brusadin, comisario de programación de Medialab Matadero, centro de cultura dixital e participativa que se ten consolidado como unha das institucións máis dinámicas e innovadoras do Estado neste eido.
Pola súa parte, o estudio italiano fuse* (referente internacional na arte dixital) compartirá co público o proceso creativo dunha das súas pezas máis coñecidas: Onírica (). Esta instalación audiovisual explora o mundo dos soños mediante algoritmos que transforman en imaxes os relatos nocturnos de preto de 30.000 persoas, afondando nas posibilidades expresivas dos modelos xerativos e da intelixencia artificial.

Destacadas voces da creación dixital

sinte_cartel.jpgO programa complétase con cinco conversas e mesas redondas que contarán con relatores como o artista sonoro e comisario portugués Luís Fernandes, director do Festival Semibreve e do espazo cultural Gnration en Braga, ambos referentes na intersección entre arte, música e tecnoloxía.
Tamén participarán creadoras como a produtora musical, DJ e directora creativa galega Cora Novoa, ou a artista electrónica e programadora creativa Mónica Rikic, Premio Nacional de Cultura de Cataluña 2021, xunto a representantes de recoñecidos estudios e empresas como Avestudio, Vitamin, EspadaySantacruz, Trison ou Maxina, que ofrecerán unha panorámica ampla e diversa dun sector en plena expansión.

Centro de artes dixitais

SINTE insírese na aposta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude polas artes dixitais, un sector emerxente e estratéxico que tamén constitúe un motor económico. Nese contexto, o Gaiás aspira a situarse na vangarda coa creación do Centro de Artes Dixitais, actualmente en fase final de construción e cuxa apertura está prevista para o segundo semestre de 2026. O novo espazo procurará converter a Cidade da Cultura nun banco de experimentación con tecnoloxías e plataformas presentes e futuras, xerando oportunidades para a innovación disrutiva no ámbito cultural.
A inscrición ao foro é de balde, aínda que cómpre reservar praza.


Vídeo promocional do foro

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?